dcsimg

Abellaruco ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O abellaruco[2][3] ou abelleiro[4][5] (Merops apiaster), é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos, insectívoro, as abellas son a súa principal fonte de alimentación.
Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India. Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas, cázaas no aire; antes de comer as abellas quítalles o aguillón golpeándoas contra o chan, pode comer arredor de 250 abellas ao día.
Os abelleiros son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.

 src=
Ovos de Merops apiaster

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Merops apiaster". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro 2013.
  2. Conde Teira. M. A. (1999). Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada. Chiogossa, 1: 121-138
  3. Penas Patiño et al Guía de aves de Galicia. Baía Edicións, 2004
  4. Dicionario Ir Indo
  5. Gran Dicionario Cumio

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Abellaruco: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O abellaruco ou abelleiro (Merops apiaster), é un paxaro rubideiro da familia dos merópidos, insectívoro, as abellas son a súa principal fonte de alimentación.
Vive no sur de Europa, en partes do norte de África e o oeste de Asia. É un paxaro migratorio, o inverno pásao na África tropical ou no noroeste da India. Pode chegar aos 27 ou 29 cm. É un paxaro con cores ricas, a gorxa amarela, o peito verde e ás azuis e verdes. O seu hábitat é o campo aberto e entre árbores e matos esparexidos, nun clima cálido. Aliméntase de insectos voadores, en especial abellas, pero tamén avespas, cázaas no aire; antes de comer as abellas quítalles o aguillón golpeándoas contra o chan, pode comer arredor de 250 abellas ao día.
Os abelleiros son gregarios, aniña en colonias nas ribeiras dos ríos, escavando buratos ou tobos, xeralmente ao comezo de maio. Tanto o macho como a femia coidan dos ovos.

 src= Ovos de Merops apiaster
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician