dcsimg

Gamo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O gamo común ou europeo (Dama dama, ás veces chamado Cervus dama) é unha especie de cérvido nativa da área mediterránea. Diferénciase do outro gran cérvido europeo, o cervo común (Cervus elaphus), no seu menor tamaño, o seu manto de pelo pardo-avermellado salpicado de pintas brancas (ocasionalmente cunha banda escura no lombo) e as súas astas palmadas.

Morfoloxía

O gamo é un animal cun elevado dimorfismo sexual. Unicamente os machos teñen hastas que están inclinadas cara atrás, e presentan tres candís e unha ancha palma, típicos da especie. A cornamenta muda anualmente, caendo a finais de primavera e volvendo medrar na primavera. A lonxitude do gamo varía entre os 129–155 cm dos machos e os 118–140 cm das femias. O seu peso oscila entre os 52–63 kg nos machos e 28–41 kg nas femias

A cola é característica pola súa lonxitude (ata 19 centímetros) e o seu dorso escuro. O pelo vólvese máis escuro e lixeiramente agrisado no inverno, aínda que no ventre, glúteos e parte inferior das patas e a cola é branco todo o ano.

 src=
Dama dama

Hábitat

Esta especie prefire os bosques de folla caduca relativamente húmidos, onde se alimenta preferentemente de follas de árbores e matogueiras e en menor medida de herbas. Na antigüidade, o gamo converteuse nunha presa cobizada polos cazadores, sobre todo os pertencentes ás clases altas. Isto, paradoxalmente, contribuíu á súa conservación e introdución en varios lugares onde antes non estaba presente ou se extinguira durante a derradeira era glacial. A maior expansión produciuse durante o Imperio Romano e a Idade Media, cando a especie foi introducida na Europa central, as Illas Británicas e o sur da Península Escandinava e Finlandia. Con todo, a unha especie relacionada que vivía en Oriente Medio, o gamo persa (Dama mesopotámica), foille considerablemente peor, e chegou a crerse extinta ata que se redescubriron unhas cantas cabezas nunha rexión afastada do sueste de Irán. Os gamos europeos adoitan ser habitantes habituais dos parques e xardíns de varios países, onde se crían con fins ornamentais.

Ao contrario que outros cérvidos do seu tamaño, non forma mandas senón que vive en grupos familiares de menos de 10 individuos, ou ben leva unha vida solitaria. Un macho únese a un destes grupos durante a época de celo, normalmente en outubro. En xuño as femias preñadas paren unha cría, de cando en cando dúas ou ata tres.

Na actualidade, os gamos introducíronse tamén nos Estados Unidos, Perú, Chile, Arxentina, Suráfrica, Australia e Nova Zelandia.

Reprodución

O gamo é unha especie polígama. A época de apareamento ten lugar a comezos do outono. Os machos adultos marcan o seu territorio e compiten con outros machos para cortexar ás femias. Emiten un son característico para advertir aos machos e atraer ás femias. O período de xestación dura 8 meses e teñen unha cría por cada parto, xeralmente na primavera.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Gamo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O gamo común ou europeo (Dama dama, ás veces chamado Cervus dama) é unha especie de cérvido nativa da área mediterránea. Diferénciase do outro gran cérvido europeo, o cervo común (Cervus elaphus), no seu menor tamaño, o seu manto de pelo pardo-avermellado salpicado de pintas brancas (ocasionalmente cunha banda escura no lombo) e as súas astas palmadas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician