dcsimg

Cicuta ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
 src=
Conium maculatum

A cicuta ou cegude[1], Conium maculatum, é unha especie botánica de planta con flor herbácea da familia das apiáceas. En Galiza tamén recibe os nomes vulgares de canafrecha, pirixel das bruxas, pirixel dos sapos[2] etc.

Atópase en toda Europa e América, en lugares húmidos e frescos, como as beiras dos ríos.

Características

Esta planta pode acadar entre os 150-250 centímetros de altura. Posúe talo oco e estriado, manchado de cor purpúrea na base e con bastantes pólas na parte superior. Follas brandas, fétidas, verdinegras, triangulares e divididas en gallos elípticos, puntiagudos e dentados de ata 50 cm de longo e 40 cm de ancho. As flores son pequenas, de cor branca, e nacen en umbelas duns 10 a 15 cm de diámetro. A súa semente é pequena e de cor negruzca.

O seu zume é velenoso, pero tamén é usado como menciña. Caracterízase por despedir un desagradable cheiro a ouriña. Ten uns froitos ovalados de cor verde parda e aproximadamente 3 mm de diámetro.

A cegude é semellante ao pirixel ou ao fiúncho, dos que apenas se distingue máis que pola cor escura e o cheiro desagradable das súas follas.

Toxicidade

Toda a planta contén alcaloides, entre os que destacan glicósidos flavónicos e cumarínicos e un aceite esencial, ademais da coniína, unha neurotoxina que inhibe o funcionamento do sistema nervioso central. A súa toxicidade afecta tanto ós humanos como a toda clase de gando. O veleno desta planta pódese equiparar a outros como o do estramonio ou o teixo.

Usos medicinais

A cegude foi usada polas súas propiedades antiespasmódicas e como sedante para calmar dores persistentes e intratables, como os producidos polo cancro e as neuralxias. Na antigüidade, os médicos árabes e gregos a utilizaban en diversas doenzas, como a artrite. Porén, non era sempre eficaz, xa que a diferenza entre unha dose terapéutica ou tóxica é moi pequena.

A sobredose produce sequidade na boca, dificultade ó tragar, dilatación das pupilas (midríase), náuseas, parálise muscular; paro respiratorio e asfixia, aínda que a vítima permanece lúcida ata o momento da súa morte.
Hoxe en día úsanse analxésicos máis potentes e seguros, malia que aínda se pode usar respectando as dosificacións.

A intoxicación por cegude foi usada polos gregos para quitar a vida ós condenados a pena de morte, como o caso do filósofo Sócrates.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para cicuta. Consultado o 16-12-2013.
  2. E. Losada, J. Castro e E. Niño, (1992): Nomenclatura vernácula da flora vascular galega, Xunta de Galicia
licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Cicuta: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician
 src= Conium maculatum

A cicuta ou cegude, Conium maculatum, é unha especie botánica de planta con flor herbácea da familia das apiáceas. En Galiza tamén recibe os nomes vulgares de canafrecha, pirixel das bruxas, pirixel dos sapos etc.

Atópase en toda Europa e América, en lugares húmidos e frescos, como as beiras dos ríos.

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician