As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.
As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans 'noces de Xúpiter'. As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.
A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura. A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.
As dúas especies de máis importancia comercial son Juglans regia ( a nogueira común), pola madeira e as noces, e Juglans nigra (a nogueira negral), pola madeira principalmente. As esixencias das dúas especies son semellantes e ámbalas dúas son de cultivo frecuente en areas de clima temperado.
As nogueiras precisan niveis de luz solar elevados e a produción mellora se están protexidas do vento. A utilización de plantas fixadoras do nitróxeno nos solos das plantacións de nogueira favorece o crecemento da árbore. Cando se cultivan para a produción de noces é preciso escoller plantas que sexan compatibles coa polinización, que adoitan ser máis productivos que as “auto- fértiles”. Hai moitas variedades con diferentes pautas de crecemento, florecemento, sabor e groso de casca. En zonas setentrionais procúranse variedades que florezan máis tarde, para reducir as perdas causadas por xeadas en primavera.
As noces de tódalas especies de nogueiras son comestibles, pero as que se aproveitan comercialmente son, en xeral, as da nogueira común, que son as de tamaño maior e de pel interior máis fina. As noces son ricas en aceite e pódense consumir crúas ou cociñadas. O aceite empregase a miúdo na pintura ó óleo. As noces son unha fonte de ácidos graxos omega-3 e demostráronse eficaces na redución do colesterol. Necesitan conservarse en fresco, xa que en condicións cálidas teñen tendencia a se pór rancias en poucas semanas.
Nalgúns países as noces verdes consérvanse en vinagre coa súa casca. A noz e a casca son usados tamén para producir substancias para tinxir.
A nogueira común, a nogueira negra e as outras especies semellantes son importantes pola súa madeira dura, densa e compacta e que se pode pulir ata acadar un acabado moi suave e satinado. A cor da madeira vai do crema ó chocolate dependendo se proceda da cerna ou das partes máis externas. Secada ó forno tende a ser castaño mate, mentres que secada ó aire pode ter matices purpúreos. Pola cor, a dureza e o tipo de grao, a nogueira é moi valorada para fabricar mobles e para ser labrada. Foi usada durante séculos para facer culatas de armas de fogo e segue a usarse para armas de caza. A madeira da Juglans cinerea e outras especies asiáticas é de menos valor, máis branda, menos forte e pesada, mais salagre e de cor máis pálida.
As nogueiras adoitan usarse coma árbore decorativa en parques e xardíns grandes. A nogueira xaponesa é a principal especie usada con este fin, polas súas follas enormes, que lle dan un aspecto tropical. Non son axeitadas para pequenos xardíns, xa que deixan caer moita folla, polas, ramallos e noces. As follas caídas e as raíces producen unha substancia que é tóxica para algunhas plantas coma o tomate, a maceira e o bidueiro. Esta substancia a xuglina parece ser un mecanismo de defensa da planta e pode persistir no solo anos despois de ser cortada a árbore, debido a descomposición das raíces. A área de máis afectación e que vai desde o tronco as puntas das polas máis exteriores.
Un estudo recente publicado na revista do Colexio americano de cardioloxía (American College of Cardiology) afirma que o consumo de noces despois dunha comida rica en graxas isaturadas pode reducir os danos destas graxas no aparato circulatorio. Investigadores do Hospital Clinic de Barcelona levaron a cabo un estudo en 24 persoas adultas que amosou a redución do risco de inflamación e oxidación das arterias en persoas que consumiron noces ou aceite de oliva despois de comidas ricas en graxas saturadas. A diferenza do aceite de oliva, as noces facilitaban que as arterias mantiveran a súa flexibilidade mesmo no caso de persoas con niveis de colesterol elevados. Os investigador Dr. Emilio Ros atribuíu os efectos protectores das noces ó seu alto contido en antioxidantes e ALA, un ácido graxo omega-3. As noces conteñen tamén arxinina, un aminoácido usado polo corpo para a produción de óxido nítrico, necesario para manter a elasticidade dos vasos sanguíneos. Fonte: Journal of the American College of Cardiology - 17, Outubro 2006
O xénero das nogueiras (Juglans) ten máis de 20 especies:
Aínda que na medicina popular é empregado como purgante cando se inxire ou bo para a cute por vía tópica, considérase unha árbore de efecto nocivo. A súa sombra áchase danina para animais e persoas.[1]
Pólas con froitos verdes de (Juglans regia)
Folla de Juglans regia
As nogueiras ou croucheiras (xénero Juglans) son plantas da familia Juglandaceae. Son árbores de folla caduca, de 10 a 40 metros de alto, con follas pinnadas.
As 21 especies do xénero espállanse polas zonas temperadas de Eurasia e, en América, dende o sueste de Canadá ata a Arxentina. O nome latino Juglans deriva de Jovis glans 'noces de Xúpiter'. As nogueiras son usadas como alimento polas larvas de varios lepidópteros e coleópteros.
A especie máis coñecida en Europa e a de máis importancia comercial é a nogueira común (Juglans regia). A nogueira negra (Juglans nigra) e común na súa área nativa do leste de Norteamérica e cultívase tamén noutras zonas do mundo. As noces son comestibles, pero máis pequenas que ás da Juglans regia e de casca moi dura. A nogueira xaponesa (Juglans atlantifolia) caracterízase polas súas noces redondas.