dcsimg

Laverca ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A laverca[2][3], ou loia,[4] (Alauda arvensis), tamén chamada cotovía[Cómpre referencia], é un paxaro pequeno da familia dos aláudidos (Alaudidae) moi notable polo seu canto.

Descrición

Laberquiña cantareira,
que voando nas alturas
énche-lo aire de dozuras
coas túas verbas feiticeiras.

—Popular[2]

Son paxaros de plumaxe pouco vistosa, duns 18 cm de lonxitude. Por riba son da cor da terra con listas negras. A parte inferior é abrancazada con debuxos negros no peito. A cola non é moi longa e ten as beiras brancas, coma as puntas das ás, que son curtas e anchas (máis nos machos que nas femias). Teñen unha crista pequena de plumas na cabeza que poden subir e baixar. As patas son fortes, adaptadas para andar polo chan, onde pasan a maior parte do tempo, procurando graos e insectos. No chan, desprázanse preto da terra, contra a que se agochan en caso de perigo.

O canto e un "trrlit" moi claro, que realiza voando alto en espirais sobre o seu territorio. Pode durar moitos minutos. Cando remata a demostración sonora baixa o chan coas ás pregadas, primeiro amodo e despois bruscamente.

Hábitat e distribución xeográfica

Habita en campo aberto, sobre todo na estepa cultivada, campos de labranza, e prados de herba curta. Precisamente os cambios nos sistemas de cultivo dos cereais parecen estar afectando ás poboacións desta ave en moitas zonas da súa distribución e causando unha forte redución. Crían en toda Europa agás Islandia e no norte de África. No leste e norte de Europa é estacional, emigrando ó sur no inverno, que pasan na cunca do Mediterráneo e en Oriente Próximo

Reprodución

 src=
Alauda arvensis

Fai un niño de herbas no chan, ben agochado entre a vexetación e difícil de atopar. Pon entre 3 e 6 ovos. En Europa adoitan poñer ovos en abril e en xuño. Poden criar máis dunha niñada en cada época reprodutiva, mesmo chegando ás tres. Os ovos son de cor branca amarelada con marcas castañas. Incuban uns 11 días, e os dous pais alimentan os polos, que deixan o niño ós 7 ou 9 días, uns dez días antes de poder voar. Son mantidos polos pais ata o mes de vida.

Notas

  1. BirdLife International (2012). "Alauda arvensis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2013.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza. Consultado o 26 de novembro de 2013.
  2. 2,0 2,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (1980). Guía das aves de Galicia. Ficha da laverca. Ilustrado por Calros Silvar. Vigo: Editorial Galaxia. p. 101. ISBN 84-7154-379-6.
  3. Vocábulo que provén do xermánico laiwerko. Portal das palabras.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para laverca.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Laverca: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A laverca, ou loia, (Alauda arvensis), tamén chamada cotovía[Cómpre referencia], é un paxaro pequeno da familia dos aláudidos (Alaudidae) moi notable polo seu canto.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician