dcsimg
Image of Ponderosa lemon
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Rue Family »

Ponderosa Lemon

Citrus grandis (L.) Osbeck

Citrus maxima ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Citrus maxima é unha árbore perennifolia da familia das Rutaceae[1] orixinaria do sueste asiático e cultivada polo seu froito. É unha das tres especies, xunto coa cidreira e a mandarineira, da que se derivan todos os cítricos coñecidos[2][3]. O froito é coñecido ás veces coma pomelo[4], con todo, cómpre non confundir co verdadeiro pomelo (Citrus × paradisi).

Morfoloxía

 src=
Interior do froito da Citrus maxima

A C. maxima é unha árbore de 5 a 15 m de altura, co fuste retorcido e ramaxe irregular e densa. Ás veces espiñento nos rebentos novos, e mostra unha pilosidade distintiva. As follas son simples, alternadas, de oblongas a ovaladas, de até 20 cm de longo, de superficie coriácea e cor verde escura pola face e máis clara e pilosa polo envés. Produce flores hermafroditas, fragrantes, solitarias ou en acios terminais de até 10 flores, de 4 a 5 pétalos, cos estames brancos moi visíbeis e anteras de cor laranxa.

A Citrus maxima é o membro da familia Citrus co froito máis grande, xa que este pode medrar ata 30 cm de diámetro e pesar ata 10 kg. Ao contrario dos outros cítricos, o seu froito non é esférico ou lixeiramente aplanado, senón que presenta un aspecto piriforme, oblongo ou globoso. A casca é suave e grosa, de cor amarela ou verdella, ás veces, rosada; con glándulas oleosas pequenas pero ben visíbeis e lixeiramente pubescente. Típico do froito desta especie é abundante presenza baixo da pel dunha materia branca esponxosa (chamada o albedo), que, como na maioría dos cítricos non é comestible; de feito, de albedo está formada toda a parte superior do froito, é dicir, a parte estreita da "pera". A polpa pode ir dunha cor amarela pálida a rosa e mesmo chegar ao vermello. Ten de 11 a 18 dentes, moi grandes, zumarentos, doces ou acedos segundo a variedade, lixeiramente amargos. Cada dente contén sementes, normalmente pequenas e escasas.[5]

Usos

O froito, moi común na China, onde se consome ao natural ou confeitado, utilízase tamén para a produción de zume (en Israel) e para condimentar ensaladas de froita ou verduras. A casca, pola súa parte, é empregada na industria para a obtención de aceites esenciais. Ademais, coas follas faise en Asia unha decocción curativa para úlcera e as feridas.

Historia

A Citrus maxima é nativa do sur de Asia e Malaisia,[6] onde é coñecida desde hai máis de catro mil anos. Foi introducida ao redor do 100 a.C. na China, onde se estendeu e continúa a crecer, mesmo espontaneamente ás beiras dos ríos. Cultívase nas rexións do sur (Jiangsu, Jiangxi, Fujian) e, maiormente, en Tailandia. Tamén hai plantacións en Taiwán e no Xapón, no sur da India, Malaisia, Indonesia, Nova Guinea e Tahití.

Alén de en Asia, é cultivada en California, en Israel e América do Sur.

A Citrus maxima foi introducida en Xamaica no século XVIII polo capitán inglés Shaddock, que ademais deu localmente o seu nome á froita.[7]

Valores nutricionais

O froito da Citrus maxima ten cerca de 30-40 Kcal por cada 100g. Ten un baixo contido de proteínas e lípidos, as calorías proveñen sobre todo dos glícidos simples, en particular, da frutosa[8]. Ten un alto contido de vitamina C, ao redor de 60 mg, un bo contido de vitamina A e trazos de B1, B2, B3 e B6[9]. A vitamina C axuda na asimilación e a absorción de ferro.

Entre os sales minerais destaca o potasio. Contén ademais ácido fólico e betacaroteno.

Galería de imaxes

Notas

  1. "Citrus maxima". The Plant List (en inglés). Consultado o 24 de maio de 2016.
  2. "A genealogy of the citrus family" (PDF). Nature Biotechnology (en inglés). Consultado o 2 outubro de 2015.
  3. "Papà mandarino e nipote limone". Scienza in cucina (en italiano). Consultado o 2 outubro de 2015.
  4. Nome vulgar dado á especie en diferentes fontes: Os cultivos agrícolas en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988; Termos esenciais de botánica, Universidade de Santiago de Compostela, 2004; Vocabulario de ciencias naturais, Santiago de Compostela, Xunta de Galicia, 1991
  5. "Déverdissement des agrumes (froid, absence de relation couleur/maturité)". Hesperides (en francés). Consultado o 21 de marzo de 2019.
  6. "Pummelo". Hort.purdue.edu. Consultado o 7-1-2012.
  7. American Heritage Dictionary, 1973.
  8. Características nutricionais do froito da Citrus maxima (en italiano)
  9. Vitaminas no froito da Citrus maxima (en italiano)

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Citrus maxima: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A Citrus maxima é unha árbore perennifolia da familia das Rutaceae orixinaria do sueste asiático e cultivada polo seu froito. É unha das tres especies, xunto coa cidreira e a mandarineira, da que se derivan todos os cítricos coñecidos. O froito é coñecido ás veces coma pomelo, con todo, cómpre non confundir co verdadeiro pomelo (Citrus × paradisi).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician