O bilurico escuro[2] ou bilurico patirrubio[3] (Tringa erythropus) é unha ave limícola da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino dado ao bilurico alinegro (Tringa ochropus) por Aldrovandus en 1599 baseado na palabra do grego antigo trungas, unha ave limícola de tmaño dun tordo, con rabadilla branca que movía a cola mencionado por Aristóteles. O nome específico erythropus procede do antigo grego eruthros, 'vermello' e pous, 'pé'.[4]
Reprodúcese no norte de Escandinavia e norte de Asia e emigra ao sur ao Mediterráneo, ao sur das illas británicas, Francia, África tropical e Asia tropical para invernar. En Galicia é unha ave de paso escasa durante a época migratoria.[3] É unha ave errante ocasional en Australia e Norteamérica.
Foi descrita cientificamente polo zoólogo alemán Peter Simon Pallas en 1764, que lle deu o nome de Scolopax erythropus.[5][6][7] É unha especie monotípica, xa que non se recoñecen subespecies.[8] Taxonomicamente, forma un grupo estreitamente unido xunto con outras especies grandes de Tringa, e as análises moleculares mostran que forma un clado irmán que contén o Tringa melanoleuca e o Tringa totanus.[9]
É unha limícola grande que mide de 29 a 31 cm de longo (desde a punta do bico á punta da cola polas costas),[10] cunha envergadura alar de 61 a 67 cm e un peso de 121 a 205 g.[11] É negro en plumaxe reprodutora, e moi claro en inverno. Ten patas e bico vermellos co extremo negro, e mostra unha zona oval branca no dorso na zona da mitra en voo. Os xuvenís son marróns cincentos con finas manchas brancas pola parte superior e unhas partes inferiores claras finamente barradas. Os adultos mudan completamente entre xuño e outubro. En primavera, a plumaxe corporal muda entre marzo e maio. Os xuvenís experimentan unha muda parcial entre agosto e febreiro.[12] A súa chamada é un asubío renxente que soa como teu-it (algo parecida á chamada do carrán rosado). A chamada de alarma é un kyip-kyip-kyip.
Reprodúcese no Ártico ao longo de gran parte de Eurasia, desde Laponia no oeste ata Chukotka no leste.[9]
Aliméntase de pequenos invertebrados.
Nidifica na taiga aberta pantanosa, pon catro ovos nunha depresión que escava no chan. Para reproducirse a ave muda adquirindo unha plumaxe negra ou gris escura con manchas brancas e as patas se lle volven máis escuras.
É unha das especies ás que se lle aplica o Acordo para a Conservación de Aves Acuáticas Migratorias Africano-euroasiático (AEWA).
O bilurico escuro ou bilurico patirrubio (Tringa erythropus) é unha ave limícola da familia Scolopacidae. O nome do xénero Tringa é o nome neolatino dado ao bilurico alinegro (Tringa ochropus) por Aldrovandus en 1599 baseado na palabra do grego antigo trungas, unha ave limícola de tmaño dun tordo, con rabadilla branca que movía a cola mencionado por Aristóteles. O nome específico erythropus procede do antigo grego eruthros, 'vermello' e pous, 'pé'.
Reprodúcese no norte de Escandinavia e norte de Asia e emigra ao sur ao Mediterráneo, ao sur das illas británicas, Francia, África tropical e Asia tropical para invernar. En Galicia é unha ave de paso escasa durante a época migratoria. É unha ave errante ocasional en Australia e Norteamérica.