dcsimg

Rinoceronte da India ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rinoceronte da India (Rhinoceros unicornis), é unha especie da familia Rhinocerotidae. Sinalado como unha especie vulnerable, este gran mamífero habita no nordeste de Assam (India) e en áreas protexidas no Terai de Nepal, onde pequenas poboacións viven nos pastos ribeiregos ao pé do Himalaia.[1]

O rinoceronte da India viviu antigamente en toda a Chaira Indoganxética, pero a caza desmedida reduciu o seu hábitat drasticamente. Hoxe, arredor de 3.000 rinocerontes viven en liberdade, 2.000 dos cales se atopan en Assam.[2]

É o quinto meirande animal terrestre.

Poboación

 src=
Poboación dende 1910.

En 2007, o número total de exemplares era de 2.575, dos cales 2.200 vivían en áreas protexidas da India:[3]

Santuario da Vida Salvaxe Pobitora rexistra a maior taxa de densidade de rinocerontes da India no mundo — con 84 exemplares en 2009 nunha área de 38,80 km2.

A poboación no Nepal medrou dos 99 individuos de 2008 ós 503 de 2011. De todos eles, 145 eran machos, 183 femias e 175 de xénero sen identificar; 332 eran adultos, 111 crías e 60 de idade intermedia.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 Talukdar, B. K., Emslie, R., Bist, S. S., Choudhury, A., Ellis, S., Bonal, B. S., Malakar, M. C., Talukdar, B. N. Barua, M. (2008). "Rhinoceros unicornis". Lista Vermella de especies ameazadas. Versión 2012.2 (en inglés). Unión Internacional para a Conservación da Natureza.
  2. Sarma, P.K., Talukdar, B.K., Sarma, K., Barua, M. (2009) Assessment of habitat change and threats to the greater one-horned rhino (Rhinoceros unicornis) in Pabitora Wildlife Sanctuary, Assam, using multi-temporal satellite data. Pachyderm No. 46 July–December 2009: 18–24.
  3. Syangden, B.; Sectionov; Ellis, S.; Williams, A.C.; Strien, N.J. van; Talukdar, B.K. (2008) Report on the regional meeting for India and Nepal IUCN/SSC Asian Rhino Species Group (AsRSG); March 5–7, 2007 Kaziranga National Park, Assam, India. Kaziranga, Asian Rhino Specialist Group
  4. Department of National Parks and Wildlife Conservation (2011) Rhino count in Nepal accomplished Arquivado 08 de febreiro de 2012 en Wayback Machine.. Kathmandu, Nepal

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Rinoceronte da India: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O rinoceronte da India (Rhinoceros unicornis), é unha especie da familia Rhinocerotidae. Sinalado como unha especie vulnerable, este gran mamífero habita no nordeste de Assam (India) e en áreas protexidas no Terai de Nepal, onde pequenas poboacións viven nos pastos ribeiregos ao pé do Himalaia.

O rinoceronte da India viviu antigamente en toda a Chaira Indoganxética, pero a caza desmedida reduciu o seu hábitat drasticamente. Hoxe, arredor de 3.000 rinocerontes viven en liberdade, 2.000 dos cales se atopan en Assam.

É o quinto meirande animal terrestre.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician