dcsimg

Escorzoneira ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A escorzoneira (Scorzonera hispanica) é unha planta da familia das asteráceas, nativa do centro e o sur de Europa e o centro de Asia, abundante na península Ibérica.

 src=
Detalle da flor
 src=
Ilustración

Descrición

Trátase dunha planta perenne que pode alcanzar os 90 cm de altura, follas lanceoladas, alternas, de cor verde brillante na face e pálidas no envés, bordo enteiro ou lixeiramente dentado, superficie ondulada e cun pecíolo alado e alongado. Flores amarelas que se dan principalmente entre maio e xullo, aínda que depende moito da súa situación xeográfica. As raíces teñen unha lonxitude de entre 20 e 30 cm, cun grosor entre 3 e 4 cm de diámetro, de codia negra, agretada e polpa branca. Na parte superior do talo principal fórmanse unhas cabezas rodeadas dun invólucro de largas brácteas, máis longas as internas que as externas. Froitos alongados e rematados nun papus de arestas plumosas.

Localización

Na península ibérica crece silvestre en terreos areosos baldíos, con frecuencia preto do mar, desde Cataluña até Andalucía, sendo máis común encontrar a planta en solos ricos en cal.

Usos

Antigamente pensábase que o zume das raíces podía curar as mordeduras de serpes. A raíz utilízase cocida en comidas e ensaladas, e asadas ou fritas en manteiga para acompañar carnes. No século XVI Nicolás Monardes foi o primeiro en describir a escorzoneira:«As raíces conservadas en azucre, como o fixen a miúdo, resultan case tan delicadas ao padal como as raíces do erinxio».[1] A súa eficacia no alivio de flatulencias e indixestións fixo que Luís XIV lle mandara ao seu xardineiro o cultivo desta planta en grandes cantidades para dispoñer dela durante todo o ano.[2] Os capullos cocidos tamén se utilizan en ensaladas así como as follas, especialmente as novas despois de fervidas.

Taxonomía

Scorzonera hispanica foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 791. 1753.[3]

Sinonimia
  • Scorzonera crispatula (DC.) Nyman. subsp. crispatula (DC.) Nyman
  • Scorzonera crispatula var. corbariensis Timb.-Lagr.
  • Scorzonera crispatula (DC.) Boiss.
  • Scorzonera denticulata Lam.
  • Scorzonera edulis Moench
  • Scorzonera glastifolia Willd.
  • Scorzonera latibracteata Sennen & Elías ex Pau
  • Scorzonera transtagana Welw. ex Cout..[4]
  • Myscolus hispanicus (L.) Endl.
  • Scorzonera communis
  • Scorzonera sativa Gaterau[5]

Notas

  1. GENDERS, op. cit., páx. 27.
  2. GENDERS, op. cit., páx. 97.
  3. "Escorzoneira". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 20 de abril de 2015.
  4. Sinónimos en Real Jardín Botánico
  5. "Escorzoneira en PlantList". Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2013. Consultado o 20 de abril de 2015.

Véxase tamén

Bibliografía

  • GENDERS, Roy (1988). Editorial Blume, ed. Plantas silvestres comestibles. ISBN 84-7031-609-5.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Escorzoneira: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A escorzoneira (Scorzonera hispanica) é unha planta da familia das asteráceas, nativa do centro e o sur de Europa e o centro de Asia, abundante na península Ibérica.

 src= Detalle da flor  src= Ilustración
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician