dcsimg

Leopardo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O leopardo ou pantera (Panthera pardus),[2] é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e da familia dos felinos. Coma os outros tres grandes felinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

Características

 src=
Leopardo melánico, ou pantera negra.

Os leopardos habitan todo tipo de hábitats, salvo os desertos, sempre que teñan onde se acochar e alimento abondo. Así, atópanse en selvas, sabanas, lugares rochosos, zonas de cultivos etc. Na antigüidade o leopardo era abondoso en toda África e na metade sur de Asia. Daquela, nalgunhas culturas era considerado un cruzamento entre león e pantera, como se reflicte no seu nome, que se compón das palabras gregas λέων leōn (león) e πάρδος pardos (pantera macho). Actualmente é moito menos frecuente atopalo en Asia, pero segue tendo unha presenza importante na zona central de África.

O leopardo ten a cabeza redonda e a cola longa e fina. As súas patas son potentes, con 4 dedos nas patas de atrás e 5 nas de diante, sendo tódalas súas garras retráctiles. As diversas subespecies presentan tamaños moi variados. Acadan unha lonxitude de 91 a 191 centímetros sen ter en conta a cola, que pode medir de 58 a 110 cm. A altura pode variar entre 45 e 78 centímetros. Os machos adultos chegan a pesar entre 37 e 90 quilogramos, e as femias entre 28 e 60.

A súa alimentación consiste en animais medianos ou pequenos. Na súa dieta inclúense monos, porcos, cervos, chacales, antílopes, aves, gando etc. Adoita gardar parte da súa caza nas árbores para non ter que comer ás presas e que lle rinda varios días. Os leopardos cazan preferentemente pola noite e descansan polo día, ocupando covas ou pólas das árbores, dende as que tamén vixían a presenza de presas ou de ameazas como leóns, hienas ou tigres.

Subespecies

Malia que no pasado houbo máis subespecies que hoxe están extinguidas, na actualidade existen 8 ou 9 subespecies de leopardo:

Notas

  1. Stein, A.B.; Athreya, V.; Gerngross, P.; Balme, G.; Henschel, P.; Karanth, U.; Miquelle, D.; Rostro, S.; Kamler, J.F. & Laguardia, A. (2016). "Panthera pardus". Lista Vermella da IUCN (IUCN) 2016: 15954/102421779. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T15954A50659089.en.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para leopardo.

Véxase tamén


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Leopardo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O leopardo ou pantera (Panthera pardus), é unha especie de mamífero da orde dos carnívoros e da familia dos felinos. Coma os outros tres grandes felinos do xénero Panthera (o león, o tigre e o xaguar), presenta unha modificación no óso hioide que lle permite ruxir. O leopardo é denominado comunmente pantera ou pantera negra cando a súa pelaxe presenta unha cor completamente escura por mor do melanismo. Este fenómeno tamén se da entre os xaguares americanos, coa diferenza de que nos leopardos débese a un alelo recesivo e nos xaguares a un alelo dominante.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician