Salvia officinalis, comunmente chamada sarxa, xarxa ou salvia, é unha especie herbácea pertencente á familia das lamiáceas. É nativa da rexión mediterránea, aínda que se naturalizou en moitos lugares do mundo. Ten unha longa tradición tanto de usos medicinais como culinarios e durante os últimos tempos utilízase tamén como ornamental.
É unha planta perenne aromática de até 70 cm de altura. Talos erectos e pubescentes. Follas pecioladas, oblongas e ovais, máis raramente lanceoladas, coa nervadura ben marcada. Flores branco-violáceas en acios, con corola de até 3 cm, cun labio superior case recto; o cáliz é máis pequeno que a corola con tonalidades púrpureas.
Salvia officinalis foi descrita por Carl Linnaeus en 1753. Foi cultivada durante séculos no Vello Mundo polas súas propiedades culinarias e medicinais e moitas veces foi descrita con propiedades curativas milagrosas[1] O epíteto específico officinalis, refírese ao uso medicinal, officina, a cal foi unha herba tradicional en expendios medievais dos mosteiros[2] S. officinalis foi clasificada con varias denominacións taxonómicas[3]
Encóntrase na Europa mediterránea, en sitios rochosos e herbeiros secos, desde o nivel do mar até zonas montañosas. Ten preferencia polos terreos pouco produtivos e pouco fértiles. En España predomina a variedade lavandulifolia.
A maioría deles son cultivados máis frecuentemente como ornamentais que polas súas propiedades herbais, como pequenos arbustos, especialmente en lugares excesivamente soleados. Propáganse facilmente de póla durante a estación cálida.
Un dito medieval, ás veces atribuído a Martiño Lutero, é: "Cur moriatur homo cui Salvia crescit in horto?" ("por que un home debe morrer mentres medra a xarxa no xardín?").
Número de cromosomas de Salvia officinalis (Fam. Labiatae) e taxóns infraespecíficos.[4] 2n=14.[5]
subsp. gallica (W.Lippert) Reales, D.Rivera & Obón, Bot. J. Linn. Soc. 145: 365 (2004). Desde Alemaña até o norte de España
subsp. lavandulifolia (Vahl) Gams in Hegi, Ill. Fl. Mitt.-Eur. 5(4): 2482 (1927). Do leste e centro de España
subsp. multiflora Gajic, Glasn. Prir. Muz. Beogradu, C 7: 49 1973. Península Balcánica
subsp. officinalis. De Italia e Península Balcánica.
subsp. oxyodon (Webb & Heldr.) Reales, D.Rivera & Obón, Bot. J. Linn. Soc. 145: 365 2004. Del sudeste de España
Contén aceites esenciais, flavonoides e principios amargos.
Ten moitas propiedades medicinais como antisudorífica, hipoglucemiante, emenagoga, estimulante, antiespasmódica, astrinxente e antiséptica. Por iso é cultivada como planta medicinal.
Como condimento ten un sabor lixeiramente picante. Na cociña occidental, úsase para condimentar carnes graxas (especialmente as marinadas), queixos, e algunhas bebidas.
Salvia officinalis, comunmente chamada sarxa, xarxa ou salvia, é unha especie herbácea pertencente á familia das lamiáceas. É nativa da rexión mediterránea, aínda que se naturalizou en moitos lugares do mundo. Ten unha longa tradición tanto de usos medicinais como culinarios e durante os últimos tempos utilízase tamén como ornamental.