dcsimg

Etmopteridae ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os etmoptéridos (Etmopteridae) son unha familia de elasmobranquios selacimorfos da orde Squaliformes que habitan no Atlántico (polo norte até Islandia), Índico e Pacífico.[1]

Características

Son tiburóns pequenos; a maioría das especies miden menos de 90 cm de lonxitude. Os dentes teñen unha prominente cúspide central flanqueada por unha ou dúas prominencias máis pequenas. Posúen dúas aletas dorsais con espiñas estriadas; a aleta caudal presenta unha fenda subterminal. Adoitan ter órganos luminosos.[1]

Historia natural

Viven en augas tropicais e temperadas, normalmente no noiro continental, e son raros na plataforma continental; uns poucos son oceánicos.[1]

Taxonomía

A familia inclúe cinco xéneros e 45 especies:[1]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 {{Cita web |url=http://fishbase.mnhn.fr/Summary/FamilySummary.php?ID=638 |título=Froese, R. and D. Pauly. Editors. 2009. [[FishBase |data-acceso=06 de febreiro de 2017 |urlarquivo=https://web.archive.org/web/20160418212052/http://fishbase.mnhn.fr/summary/FamilySummary.php?ID=638 |dataarquivo=18 de abril de 2016 |urlmorta=si }}

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Etmopteridae: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os etmoptéridos (Etmopteridae) son unha familia de elasmobranquios selacimorfos da orde Squaliformes que habitan no Atlántico (polo norte até Islandia), Índico e Pacífico.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician