dcsimg

Ardeidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os ardeidos[1] (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes[2][3] que inclúe máis de 60 especies, cuxos membros máis coñecidos son as garzas (tamén comprende os abetouros e gazotas).[4] Os ardeidos hai quen os clasifica dentro da orde Ciconiiformes.

Son aves patilongas, e algunhas especies chegan a medir até 85 cm de alto. Xeralmente a súa plumaxe é branca, o seu peteiro amarelo e as súas longas patas grises, aínda que a plumaxe varía segundo a estación do ano. Aliméntanse de peixes, crustáceos e pequenos anfibios, e teñen como hábitat as zonas pantanosas ou próximas aos lagos de todo o mundo.

Xeralmente son aves solitarias, pero é normal velas reunidas en comunidade na época de cría. Aniñan en árbores altas, onde fan niños rudos, practicamente planos, e chegan a poñer até 6 ovos.

Taxonomía

Os ardeidos subdivídense en catro subfamilias e 19 xéneros, algúns discutidos:[3]

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ardeidos.
  2. Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  3. 3,0 3,1 Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xuño de 2012.
  4. Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar. Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Ardeidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os ardeidos (Ardeidae) son unha familia de aves Pelecaniformes que inclúe máis de 60 especies, cuxos membros máis coñecidos son as garzas (tamén comprende os abetouros e gazotas). Os ardeidos hai quen os clasifica dentro da orde Ciconiiformes.