Os estríldidos (Estrildidae) forman unha familia de pequenos paseriformes dos trópicos do Vello Mundo e Australasia. Poden clasificarse como familia (Estrildidade)[1] ou como subfamilia dentro da familia Passeridae, que estritamente definida comprende os pardais do Vello Mundo.[2] En Galicia vive a especie Estrilda astriid (bico de coral común[3]), que é unha especie introducida.
Son comedores de sementes gregarios e a miúdo coloniais con peteiros curtos e grosos pero bicudos. Son todos similares en estrutura e hábitos, mais varían amplamente en cores e padróns da plumaxe.
Todos os estríldidos constrúen niños cupuliformes grandes e poñen de cinco a dez ovos brancos. Algúns dos Lagonosticta e Ptylia son hóspedes de paxaros de crianza parasita da familia Viduidae.
A maioría son sensibles ao frío e necesitan hábitats cálidos, xeralmente tropicais, aínda que uns poucos, como o Lonchura monticola, Oreostruthus fuliginosus e Neochmia temporalis, e os do xénero Stagonopleura, adoptaron os climas fríos do sur de Australia e as terras altas de Nova Guinea.
A especie máis pequena da familia é Nesocharis shelleyi de só 8,3 cm, aínda que a especie de menos peso é Estrilda troglodytes de 6 g. A especie máis grande é Padda oryzivora, de 17 cm e 25 g de peso.[4]
Estudouse a filoxeografía e posible orixe das especies de estríldidos. O seguinte esquema pode ser útil para representar unha orixe hipotética na India no último e máis forte erguemento do Himalaia (hai 16,5 millóns de anos), cando se estableceu o réxime de chuvias do monzón na India (ver figura). As conclusións deste estudo[5][6] son:
Os estríldidos (Estrildidae) forman unha familia de pequenos paseriformes dos trópicos do Vello Mundo e Australasia. Poden clasificarse como familia (Estrildidade) ou como subfamilia dentro da familia Passeridae, que estritamente definida comprende os pardais do Vello Mundo. En Galicia vive a especie Estrilda astriid (bico de coral común), que é unha especie introducida.
Son comedores de sementes gregarios e a miúdo coloniais con peteiros curtos e grosos pero bicudos. Son todos similares en estrutura e hábitos, mais varían amplamente en cores e padróns da plumaxe.
Todos os estríldidos constrúen niños cupuliformes grandes e poñen de cinco a dez ovos brancos. Algúns dos Lagonosticta e Ptylia son hóspedes de paxaros de crianza parasita da familia Viduidae.
A maioría son sensibles ao frío e necesitan hábitats cálidos, xeralmente tropicais, aínda que uns poucos, como o Lonchura monticola, Oreostruthus fuliginosus e Neochmia temporalis, e os do xénero Stagonopleura, adoptaron os climas fríos do sur de Australia e as terras altas de Nova Guinea.
A especie máis pequena da familia é Nesocharis shelleyi de só 8,3 cm, aínda que a especie de menos peso é Estrilda troglodytes de 6 g. A especie máis grande é Padda oryzivora, de 17 cm e 25 g de peso.