Aegopodium é unha especie de planta medicinal pertencente á familia Apiaceae. É orixinaria da Eurasia.
Ten unha cor variada de verde e branco que ás veces se torna verde dentro dun parche. As flores son pequenas, de cor branca, con cinco pétalos e saen por encima das follas, en grupos planos.
Forma parches densos e é considerada como unha ameaza ecolóxica, é invasiva e reduce a diversidade de especies na capa de solo. Por este motivo utilízase para o mantemento da cuberta vexetal.
Contén Vitamina C nas follas.
Emprégase como sedante, diurético (froitos), aromático, estimulante, resolutivo, vulnerario. Usado para a reuma e a gota, varices, enfermidades da pel. Os froitos en infusión ou cocemento úsanse para enfermidades intestinais, renais ou da vesícula.[1]
Utilízanse as follas frescas para a gota e secas en infusión para a reuma. As follas trituradas pódense empregar para refrescar a pel tras a picadura dun insecto. As follas frescas cortadas finamente con carne picada e puré de avea para facilitar a dixestión.[1]
Aegopodium podagraria é nativa de Europa e Asia.
Aegopodium podagraria foi descrita por Carl von Linné e publicado en Species Plantarum 2: 1003. 1753.[2]
Protomyces macrosporus na planta.
Aegopodium é unha especie de planta medicinal pertencente á familia Apiaceae. É orixinaria da Eurasia.