dcsimg

Pigargo ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Haliaeetus albicilla
 src=
Haliaeetus albicilla groenlandicus

O pigargo,[2] (Haliaeetus albicilla) é unha ave rapaz da familia dos Accipítridos.

Morfoloxía

É unha aguia de gran tamaño cun enorme peteiro amarelo. A plumaxe é escura, agás a cola e a cabeza que van branquexando conforme ó envellecemento do individuo. A femia é lixeiramente meirande có macho.

Reprodución

A posta consiste en 2-3 ovos, sendo realizada en febreiro ou marzo. Os ovos son chocados por ambos proxenitores durante uns 40 días. As parellas son estables e en ocasións conviven no mesmo territorio varias familias; trátase dunha das aguias máis sociábeis.

Nutrición

Ecléctica, dende peixes ata limícolas e anátidos, chegando incluso a capturar cisnes ou grúas. Tamén mamíferos, dende roedores ata crías de cervos, focas ou raposos. É unha especie moi habilidosa na caza, chegando a cazar en grupo.

Distribución

Dende o norte e leste de Europa, ata a península de Kamchatka, Anadyr, norte de China e sur de Groenlandia. Na Europa occidental foi exterminada, considerándose a especie extinta en Francia, Italia, na totalidade das Illas Británicas e nas illas do Mediterráneo. En Alemaña estivo a piques de seguir a mesma sorte. Así á comezos do século XX, só había parellas estables na Pomerania e en Mecklemburgo. Grazas as medidas de protección desenvolvidas ó longo de décadas, conseguiuse estabilizar unha pequena poboación en Schleswig-Holstein. Ademais no 1992 acadouse a primeira cría con éxito na Baixa Saxonia. A comezos do século XXI, estimouse unha poboación estable de preto de 200 parellas en Alemaña.

Notas

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Pigargo: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Haliaeetus albicilla  src= Haliaeetus albicilla groenlandicus

O pigargo, (Haliaeetus albicilla) é unha ave rapaz da familia dos Accipítridos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician