dcsimg

Albaricoqueiro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O albaricoqueiro (Prunus armeniaca) é unha árbore da familia das rosáceas, cultivada polo seu froito, o albaricoque. Nativo do nordés da China, é unha árbore pequena, de 4 ou 5 metros de altura, a cortiza é de cor castaña avermellada. As follas, con forma de corazón, teñen ata 10 cm de lonxitude, con pecíolos longos e de cor avermellada primeiro e logo verde viva. As flores, grandes, son brancas ou rosa pálida, aparecen a comezos da primavera, antes que as follas.

O albaricoqueiro é unha especie de clima cálido, que mesmo pode resistir -20 °C, pero é moi sensible ás xeadas de primavera que poden impedir a súa floración.


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician