Os carcarrínidos (Carcharhinidae) son unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), que inclúe algúns dos tiburóns máis comúns e coñecidos, como os cazóns e a quenlla.
Teñen os ollos redondos e as s pectorais están situadas completamente por detrás das cinco fendeduras branquiais. A maioría das especies son vivíparas e as súas crías nacen totalmente desenvolvidas.
Algúns destes tiburóns alcanzan un tamaño moi considerábel. O récord teno o tiburón tigre (Galeocerdo cuvier), que chega a medir case 7 m.[2]
Os carcarrínidos (Carcharhinidae) son unha familia de elasmobranquios selaquimorfos da orde dos carcarriniformes (Carcharhiniformes), que inclúe algúns dos tiburóns máis comúns e coñecidos, como os cazóns e a quenlla.
Teñen os ollos redondos e as s pectorais están situadas completamente por detrás das cinco fendeduras branquiais. A maioría das especies son vivíparas e as súas crías nacen totalmente desenvolvidas.
Algúns destes tiburóns alcanzan un tamaño moi considerábel. O récord teno o tiburón tigre (Galeocerdo cuvier), que chega a medir case 7 m.