A dos megaloníquidos (Megalonychidae) é unha familia de mamíferos placentarios da orde dos pilosos e suborde dos folívoros.[1]
Moi diversa durante o cenozoico, na actualidade na familia só sobrevive un xénero, Choloepus Illiger, 1811, con dúas especies:[1]
A familia foi descrita en 1889 polo naturalista, paleontólogo e zoólogo arxentino Florentino Ameghino, en Acta Acad. Nac. Cienc. Córdoba, Buenos Aires, 6: 690.
O nome científico da familia, Megalonychidae, está formado, como é usual, sobre a base da raíz do nome do xénero tipo, neste caso Megalonyx, actualmente extinguido, engadindo o sufixo do latín científico -idae (tirado do grego antigo -ιδαι -idai, plural de -ιδης -idēs, co significado de "aparencia, aspecto, forma"), propio dos nomes das familias de animais.
Pola súa parte, o nome do xénero Megalonyx está formado polos elementos megal- (tirado do grego μεγαλο- megalo-, "grande" (derivado do adxectivo μέγας, μεγάλη, μέγα mégas, megálē, méga, "grande") e -onyx (derivado do grego όνυξ ónyx, "uña, garra"). Literalmente: "os de grandes garras".
Como quedou dito, a familia foi moi diversa durante o cenozoico, conservándose numerosos restos fósiles de moitas especies dos seguintes xéneros:
A dos megaloníquidos (Megalonychidae) é unha familia de mamíferos placentarios da orde dos pilosos e suborde dos folívoros.
Moi diversa durante o cenozoico, na actualidade na familia só sobrevive un xénero, Choloepus Illiger, 1811, con dúas especies:
Choloepus didactylus (Linnaeus, 1758) Choloepus hoffmanni Peters, 1858