dcsimg

Papagaio ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Un papagaio[1] é calquera das aves pertencentes á familia Psittacidae (psitácidos[2]). Teñen un peteiro curvo e unha mandíbula superior que ten unha mobilidade leve e que se xunta co cranio; tamén presenta unha postura xeralmente erguida.

Xunto coa familia da cacatúa (Cacatuidae), a familia do papagaio pertence á orde dos Psittaciformes.

As aves da familia do papagaio poden ser encontradas na maioría dos lugares que posúen clima cálido, incluíndo a India, Sueste de Asia e África occidental, e unha especie, agora extinta, nos Estados Unidos (a Carolina Parakeet). Non obstante, as poboacións máis grandes da especie do papagaio son orixinarias de Australasia, de América do Sur e de América Central.

Moitas especies poden imitar a conversación humana e outros sons. A investigadora Irene Pepperberg publicou traballos sobre a capacidade de aprendizaxe dun papagaio gris africano chamado Alex, que foi adestrado para utilizar palabras co obxectivo de identificar obxectos, describilos, contalos, e incluso contestar a preguntas complexas, por exemplo, "cantos cadrados vermellos hai?" (cunha exactitude do 80%). Porén, algúns eruditos sosteñen que os papagaios están simplemente repetindo palabras sen idea do significado.

Os papagaios domésticos

Os papagaios cómpranse normalmente como animais domésticos en moitos países. As ás destas aves córtanse a miúdo e algúns donos permiten que os páxaros paseen en liberdade polos seus fogares ou veciñanzas.

Os papagaios requiren unhas atencións mínimas: comida, auga, espazo, limpeza e, por suposto, moito cariño e atención. Unha faceta importante da domesticación dos papagaios son os chíos, cos que responden a case calquera son agudo: ambulancias, claxon de coches, choros de nenos, e, incluso, á televisión. Non obstante, non todos os papagaios son iguais: hainos máis tranquilos, menos ruidosos, máis cariñosos etc. Isto dálle a oportunidade ao dono para elixir o tipo de papagaio que máis se adapte aos seus gustos.

Aos papagaios domésticos hai que proporcionarlles unha alimentación axeitada e variada, con sementes como o millo, froita etc. Poden chegar a vivir até cen anos.

Os donos de papagaios domésticos acostuman para entreter a súa mascota:

  • Comprarlle xoguetes, como aros, arrandeadoiros etc.
  • xogar con el: ensinarlle a cantar ou falar, cantar ou falar con el, rascarlle a cabeza (sempre que llo permita) etc.
  • Deixarlle saír da gaiola, sempre que se afixera aos seus donos e ao seu contorno.

Algunhas especies

Galería de imaxes

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para papagaio.
  2. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Psitácidos.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Papagaio: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Un papagaio é calquera das aves pertencentes á familia Psittacidae (psitácidos). Teñen un peteiro curvo e unha mandíbula superior que ten unha mobilidade leve e que se xunta co cranio; tamén presenta unha postura xeralmente erguida.