dcsimg
Image of Bee orchid
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Orchids »

Bee Orchid

Ophrys apifera Huds.

Abelleira común ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A abelleira común[1], Ophrys apifera, é unha orquídea monopodial e terrestre da subtribo Orchidinae (familia Orchidaceae). Hai dúas especies das chamadas orquídeas abella: unha, Ophrys apifera, ten quizais a distribución máis ampla das especies de Ophrys e está presente en Galicia. A outra Ophrys schulzei, é unha especie oriental que está presente só en Anatolia e no Oriente Medio.

Etimoloxía

O nome Ophrys deriva da palabra grega ophrys, que quere dicir cella, referíndose á alta consideración que se ten cara a este xénero. Do latín apis, abella, e fero, que leva, que leva abella, referírese ó seu labelo, o cal toma a forma dunha abella para lograr a polinización. A Ophrys menciónase por vez primeira no libro Historia Natural de Plinio o Vello. Estas orquídeas denomínanse "orquídeas abella" porque o labelo das flores aseméllase ó abdome das abellas.

Ophrys apifera (pink colour form).jpg
Ophrys apifera flower3.jpg
Ophrys-apifera-Bluete.jpg
Ophrys apifera apifera.jpg

Distribución

Ophrys apifera distribúese ó longo de Europa central e do sur, así como tamén no norte de África e Oriente Medio. Tamén pode atoparse nas catro provincias galegas pero sen ser corrente en ningunha delas.[1]

Hábitat

Atópase en terreos húmidos e en herbais onde sobresae pola súa grande alzada de case 50 cm, tamén está presente en prados de transduna nos areais costeiros.[1]

Descrición

Ophrys apifera ten un tubérculo subterráneo, globular e pequeno, que serve como unha reserva de alimento. Dese tubérculo sae o talo floral erecto sinxelo e sen ramificacións. Durante o verán esta orquídea está dormente e ó final do verán-outono desenvolve unha roseta de follas. Tamén empeza a desenvolverse un novo tubérculo, o cal madura á primavera seguinte. Na primavera seguinte o talo floral empeza a desenvolverse, e durante a floración as follas xa comezan a murchar.

A planta adoita medir 30 cm de altura, as follas son oblongo lanceoladas, arredondadas, sen indentacións, de cor verde azulado. Forman unha roseta. Desenvólvense no outono e poden sobrevivir ás xeadas do inverno.

As flores posúen un labelo de gran tamaño. O labelo ten unha cor marrón escuro con manchas marrón máis claro, liñas brancas e amarelo pálido. O labelo ten tres lóbulos cos laterais que están voltos cara a adiante cuns pelos finos e sedosos. O lóbulo maior é redondeado bombeado turxescente cunha base de pelos esbrancuxados, a miúdo teñen manchas violeta facendo un X ou un H. Os sépalos son do mesmo tamaño e consistencia, duns 7 mm de lonxitude e unha cor rosada homoxénea.

De dúas a dez flores desenvólvense no talo floral con follas basais. As flores son únicas, non só pola súa inusual beleza, gradación de cor e formas excepcionais, senón tamén polo enxeño co que atraen ós insectos. O seu labelo imita neste caso ó abdome dunha abella femia xa que esta planta está especializada en atraer a abellas macho para que polinicen a flor. Adoitan ser polinizadas por abellas do xénero Eucera na rexión do Mediterráneo, pero en rexións máis boreais ás veces son autopolinizadas.

Variedades de Ophrys apifera

Híbridos naturais con Ophrys apifera

Sinonimia

 src=
Ophrys apifera

Galería de imaxes

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
  2. Sinónimos en Orchidspecies

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Abelleira común: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A abelleira común, Ophrys apifera, é unha orquídea monopodial e terrestre da subtribo Orchidinae (familia Orchidaceae). Hai dúas especies das chamadas orquídeas abella: unha, Ophrys apifera, ten quizais a distribución máis ampla das especies de Ophrys e está presente en Galicia. A outra Ophrys schulzei, é unha especie oriental que está presente só en Anatolia e no Oriente Medio.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician