dcsimg

Andoa dos piñeiros ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A andoa dos piñeiros[2] (Boletus pinophilus Pilat & Dermek), é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Aparece nalgúns locais de Galiza.

Descrición

O cogomelo deste fungo posúe un chapeu de entre 6 e 30 centímetros de diámetro, con cutícula de cor marrón avermellada. Tubos case ceibos, de cor branca, despois amarelos e finalmente amarelos oliva. de cor marrón clara, moi groso, que puede superar o diámetro do chapeu.

Hábitat e época

Aparece na primavera e no verán con choivas, e principalmente polo outono. Adoitan medrar so piñeirais vellos de piñeiros rubios (Pinus sylvestris), aínda que tamén poden facelo en faiais.

Comestibilidade

Excelente coma comestíbel, sendo un cogomelo moi apreciado en gastronomía.

  • Ollo!!: A determinación dun cogomelo e a súa comestibilidade poden ser realizadas e certificadas por micólogos expertos, ou os centros de control das autoridades sanitarias competentes. A información errónea ou incompleta pode causar danos por envelenamento ou intoxicación mortal. Cómpre evitar o consumo de cogomelos apañados no monte, xa que podería pór en risco a saúde de vostede e dos seus convidados.

Notas

  1. "Boletus pinophilus". Index Fungorum (en inglés). CAB International, CBS e Landcare Research New Zealand Limited.
  2. Nome vulgar galego en Diccionario das ciencias da natureza e da saúde (A-C) A Coruña, Deputación da Coruña, 2000

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

  • Asociación Micológica Zamorana, 2005: Setas y Rutas Micológicas en Sanabria, Carballeda y los Valles. Ed. ADISAC LA VOZ.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Andoa dos piñeiros: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A andoa dos piñeiros (Boletus pinophilus Pilat & Dermek), é un boleto basidiomiceto da orde Boletales. Aparece nalgúns locais de Galiza.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician