dcsimg

Orangután de Borneo ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O orangután de Borneo (Pongo pygmaeus) é unha especie de orangután nativa da illa de Borneo. Á súa vez, o orangután de Borneo está dividido en tres subespecies: o orangután de Borneo do noroeste (Pongo pygmaeus pygmaeus), o orangután de Borneo do nordeste (Pongo pygmaeus morio) e o orangután de Borneo meridional (Pongo pygmaeus wurmbii). Xunto co orangután de Sumatra e o orangután de Tapanuli, conforma o único xénero de grandes simios de Asia. Esta especie é a máis numerosa, cuns 45.000 individuos vivindo en estado salvaxe, en contraposición cos 7.500 que se estiman de orangután de Sumatra e os 800 do orangután de Tapanuli.

Ao igual que os demais grandes simios, os orangutáns teñen unha intelixencia moi desenvolvida, sendo quen de empregar ferramentas e amosar patróns culturais en liberdade. Ademais diso, os orangutáns comparten aproximadamente o 97% do seu ADN cos humanos.[2]

O orangután de Borneo é unha especie en perigo de extinción e as maiores ameazas para a súa supervivencia son a deforestación do seu hábitat, a caza e o tráfico ilegal dos seus individuos no mercado negro.

Notas

  1. Ancrenaz, Mark; Gumal, M.; Marshall, Andrew; Meijaard, Erik; Wich, Serge A.; Hussons, Steve J. (2016). "Pongo pygmaeus". Lista Vermella da IUCN. 2016.1 (International Union for Conservation of Nature): e.T17975A17966347. doi:10.2305/IUCN.UK.2016-1.RLTS.T17975A17966347.en. Consultado o 5 de setembro de 2016.
  2. Orangutan Foundation International. "Orangutan Facts". Consultado o 16 de xullo de 2014.

Véxase tamén

licença
cc-by-sa-3.0
direitos autorais
Autores e editores de Wikipedia
original
visite a fonte
site do parceiro
wikipedia gl Galician

Orangután de Borneo: Brief Summary ( Galego )

fornecido por wikipedia gl Galician

O orangután de Borneo (Pongo pygmaeus) é unha especie de orangután nativa da illa de Borneo. Á súa vez, o orangután de Borneo está dividido en tres subespecies: o orangután de Borneo do noroeste (Pongo pygmaeus pygmaeus), o orangután de Borneo do nordeste (Pongo pygmaeus morio) e o orangután de Borneo meridional (Pongo pygmaeus wurmbii). Xunto co orangután de Sumatra e o orangután de Tapanuli, conforma o único xénero de grandes simios de Asia. Esta especie é a máis numerosa, cuns 45.000 individuos vivindo en estado salvaxe, en contraposición cos 7.500 que se estiman de orangután de Sumatra e os 800 do orangután de Tapanuli.

Ao igual que os demais grandes simios, os orangutáns teñen unha intelixencia moi desenvolvida, sendo quen de empregar ferramentas e amosar patróns culturais en liberdade. Ademais diso, os orangutáns comparten aproximadamente o 97% do seu ADN cos humanos.