O escarapote (Scorpaena scrofa, aínda que tamén reciben este nome outras especies do mesmo xénero) é un peixe da familia dos escorpénidos de cor vermella e cuberta de espiñas. O seu peso pode chegar até case os 3 kg pero son raros os exemplares de máis de 1,5–2 kg. Normalmente atópase a profundidades desde os 10 aos 500 m, aínda que é posible atopalos con pouca auga semienterrados na area.
Durante o día permanecen aletargados en fendas rochosas, e pola noite saen dos seus agochos para buscar comida, quedan inmóbiles e grazas á súa camuflaxe conseguen capturar pequenos peixes e crustáceos. A súa pel cóbrese de algas e aproximadamente cada dúas semanas realizan unha muda da mesma.
Coñecido normalmente por escarapote, en castelán denomínase escorpena ou rascacio (hai varias especies do xénero Scorpaena). En Cataluña chámase escórpora e no Cantábrico como cabracho, sendo tamén coñecido en Asturias como tiñosu. En Baleares chámase cap roig e en Murcia como gallina. No País Vasco coñécese como itsaskabra (cabra de mar en euskara). En Canarias coñécese como cantarero.
En culinaria é un peixe moi valorado, de altísima calidade. En Cataluña prepárase cocido con patacas, nun famoso prato que se coñece co nome de suquet de peix.
É común facer un pastel deste peixe, coñecido como pastel de escarapote.