A quimera monstruosa (Chimaera monstrosa) [1] é unha especie de holocéfalo da orde dos quimeriformes (Chimaeriformes) propia do nordeste do océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
Parece prefirir a plataforma continental superior, entre os 300 e os 500 m de profundidade, cun máximo confirmado de 1 663 m. É ovípara e a época de desova é en primavera e verán. Ten un ciclo de vida moi lento, chegando á madurez sexual entre os 11,2 e os 13,4 anos, cunha lonxevidade de entre 26 e 30 anos.[2]
Segundo a UICN é unha especie medianamente ameazada.[3]
A quimera monstruosa (Chimaera monstrosa) é unha especie de holocéfalo da orde dos quimeriformes (Chimaeriformes) propia do nordeste do océano Atlántico e o mar Mediterráneo.
Parece prefirir a plataforma continental superior, entre os 300 e os 500 m de profundidade, cun máximo confirmado de 1 663 m. É ovípara e a época de desova é en primavera e verán. Ten un ciclo de vida moi lento, chegando á madurez sexual entre os 11,2 e os 13,4 anos, cunha lonxevidade de entre 26 e 30 anos.