O bocadoce,[1][2] chamado bocadoce gris por Lahuerta e Mouriño,[3][4] Hexanchus griseus, é unha especie de tiburón da familia dos hexánquidos (Hexanchidae) que habita nas augas profundas (avistouse a profundidades próximas aos 2 000 m), e que apenas evolucionou desde o período xurásico, hai uns 190 millóns de anos.[5]
As pricipais características do bocadoce son:[2]
O bocadoce ten unha lonxitude de até 4,8 m e pode alcanzar un peso de até 590 kg (o maior exemplar capturado chegou a medir 4,82 m e pesar uns 800 kg).[6]
É unha especie de hábitos solitarios e de ambientes bentónicos e peláxicos ligados ás vertentes da plataforma continental, encontrándose a profundidades que van desde a superficie até os 1 875 m; polo día permanece en augas profundas, para ascender pola noite para se alimentar; os individuos novos viven máis preto da costa.[2]
Encóntrase nas costas oceánicas tropicais e temperadas, no Atlántico desde Islandia a Namibia, estando presente no Mediterráneo. En determinadas épocas do ano ascende pola noite até ambientes litorais, e é posíbel observalo a poucos metros da superficie.[7]
É carnívoro, caníbal intrauterino e tamén preeiro, alimentándose fundamentalmente de raias, quimeras e outros tiburóns, e de bacallaus, beretes, pescadas e outros peixes, e de cangrexos, camaróns, cefalópodos e mesmo, nalgunhas latitudes, focas.
As femias alcanzan a madurez sexual cando chegan aos 4,5 m de lonxitude e os machos aos 3,6 m. A época de reprodución é entre outubro e maio. É un tiburón ovovivíparo, con camadas que van desde as 20 até as 100 crías, que miden ao nacer de 60 a 70 cm.[2][5]
O bocadoce non é unha especie perigosa para o ser humano, e os escasos ataques rexistrados a humanos foron tras provocalo previamente.
A súa carne comercialízase fresca ou conxelada para consumo —aínda que se considera semitóxica polos seus fortes efectos laxantes— e tamén para a produción de aceite e alimentos para peixes.[5]
O bocadoce, chamado bocadoce gris por Lahuerta e Mouriño, Hexanchus griseus, é unha especie de tiburón da familia dos hexánquidos (Hexanchidae) que habita nas augas profundas (avistouse a profundidades próximas aos 2 000 m), e que apenas evolucionou desde o período xurásico, hai uns 190 millóns de anos.