dcsimg

Zifio caldeirón ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O zifio caldeirón,[2] ou zifio caldeirón boreal, Hyperoodon ampullatus, é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).[3]

Careacterísticas e bioloxía

Os machos alcanzan un tamaño de até 9 m de lonxitude, e un peso dunhas 10 t. As femias son menores (de 7 a 8,5 m de lonxitude).

A xestación dura 12 meses. A súa lonxevidade é de 37 anos por termo medio.

Comportamento

É capaz de mergullarse entre 14 e 70 min sen respirar. As súas inmersións son profundas, pero probabelmente non percorre longas distancias durante ese tempo.[4]

Ambos os sexos teñen dous pequenos dentes na mandíbula.[4][5]

Distribución

Encóntrase en augas do océano Atlántico Norte e o océano Ártico, entre Islandia, o suroeste de Svalbard e as costas do norte de Europa, chegando até Nova Escocia (Canadá), e como límite sur as illas Azores. Nas súas migracións nadancara ao norte durante a primavera e cara ao sur no outono.[6]

Notas

  1. Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770) en SIIT (en inglés)
  2. Lahuerta e Vázquez (2000), p. 313.
  3. Hyperoodon en Mammal Species of the World.
  4. 4,0 4,1 Hiperoodon planifrons en ADW. (en inglés)
  5. Hyperoodon ampullatus Arquivado 18 de agosto de 2013 en Wayback Machine. en MarineBio.org.
  6. "BBC NEWS | UK | England | London | Whale spotted in central London". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 28 de agosto de 2013.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Zifio caldeirón: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O zifio caldeirón, ou zifio caldeirón boreal, Hyperoodon ampullatus, é unha das dúas especies de cetáceos odontocetos do xénero Hyperoodon da familia dos zifíidos.

A especie foi definida en 1770 por Johann Reinhold Forster como Balaena rostrata e, posteriormente, en 1804 refefinida e reclasificada no xénero Hyperoodon por Lacépède, que a denominou Hyperoodon butskopf; pero, debido á regra da antigüidade, dada a primacía da súa descrición por Forster, o nome científico válido na actualidade é Hyperoodon ampullatus (Forster, 1770).

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician