A dos caprimulxiformes (Caprimulgiformes) é unha orde de aves neognatas que abrangue os podargos, as avenoiteiras e outras especies afíns.
Coñécense 121 especies nesta orde,[1] que se distribúen por case todo o planeta, agás polas rexións de clima ártico e nas illas de Nova Zelandia.
Trátase de aves nocturnas con gran facilidade para camuflarse durante o día; mesmo velos nunha fotografía é ás veces complicado. A súa plumaxe é moi semellante na cor e no trazo ás follas secas ou á codia dunha árbore, fenómeno coñecido como cripse.
Crese que os membros desta orde están lonxanamente emparentados coas rapaces nocturnas (orde Strigiformes) e, algúns autores clasifícanos na devandita orde.[2]
A orde foi descrita en 1885 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.
Na actualidade a maioría dos autores, seguindo ao Congreso Ornitolóxico Internacional, recoñecen cinco familias dentro da orde:[3]
Porén, o Sistema Integrado de Información Taxonómica (ITIS), só recoñece dúas:[4]
Ademais de polo nom e actualmente válido, estas aves tamén se coñeceron polos sinónimos:[4]
A dos caprimulxiformes (Caprimulgiformes) é unha orde de aves neognatas que abrangue os podargos, as avenoiteiras e outras especies afíns.