dcsimg
Image of Razor shell
Creatures » » Animal » » Molluscs » Mussels » » Pharidae »

Razor Shell

Ensis ensis (Linnaeus 1758)

Navalla (molusco) ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Artigo principal: Solenoideos.
 src=
Cunchas de Ensis ensis.

A navalla,[2] Ensis ensis, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.

A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen ensis.[3] Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.

É comestíbel e moi apreciada gastronomicamente.

Descrición

Ten unha cuncha alongada, algo curvada (máis do que na especie Ensis arcuata) coas valvas simétricas, de até uns 15 cm de lonxitude.[4]

Distribución

Vive en praias de areas un pouco lamacentas da zona infralitoral.[4]

É unha especie moi común no océano Atlántico nororiental, desde Noruega até o noroeste de África (Marrocos), pasando polo mar do Norte, o canal da Mancha, golfo de Biscaia, Cantábrico e as costas da atlánticas da península Ibérica (entre elas as galegas), e no Mediterráneo.[1]

En Galicia

Segundo Rolán e Otero-Schmitt, encóntrase en toda a costa galega, especialmente desde a ría de Muros e Noia até a desembocadura do Miño, aínda que é pouco abundante.

Estes autores danlle os nomes populares de carallote, carallete, navalla, longueirón e caramelo.[4]

Notas

  1. 1,0 1,1 1,2 [1] no WoRMS.
  2. navall, 2ª acp., no dicoinario da RAG.
  3. Linnaeus, C. (1758): Systema naturæ, sive regna tria naturæ systematice proposita per secundum classes, ordines, genera, & species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Tomus I. Editio decima, reformata. Holmiae. (Laurentii Salvii).
  4. 4,0 4,1 4,2 Roldán e Otero (1996), p. 239.

Véxase tamén

Bibliografía

  • Ardovini, R. & Cossignani, T. (2004): West African seashells (including Azores, Madeira and Canary Is.) = Conchiglie dell'Africa Occidentale (incluse Azzorre, Madeira e Canarie). English-Italian edition. L'Informatore Piceno: Ancona, Italy. ISBN 88-86070-11-X.
  • Gofas, S.; Le Renard, J. & Bouchet, P. (2001): "Mollusca", en: Costello, M. J. et al. (eds.) European register of marine species: a check-list of the marine species in Europe and a bibliography of guides to their identification. Collection Patrimoines Naturels, 50: pp. 180–213. ISBN 2-85653-538-0.
  • Montero Agüera, I. (1971): Moluscos bivalvos españoles. Sevilla: Publicaciones de la Universidad de Sevilla, 5.
  • Rolán, R. e Jorge Otero-Schmitt (1996): Guía dos moluscos de Galicia. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-072-1.

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Navalla (molusco): Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
Artigo principal: Solenoideos.  src= Cunchas de Ensis ensis.

A navalla, Ensis ensis, é unha especie de molusco bivalvo da orde dos veneroides e familia dos fáridos.

A especie foi definida en 1758 por Linnaeus na 10ª edición do seu Systema Naturae co nome de Solen ensis. Posteriormente reclasificouse no xénero Ensis.

É comestíbel e moi apreciada gastronomicamente.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician