A Papuxa cincenta (Sylvia curruca) é unha ave da familia das Sylviidae
A Papuxa cincenta ten unha lonxitude duns 13,5 cm e pesa uns 12 gramos. É unha ave pequena, co lombo e a cabeza cor pardo avermellado, sendo nas ás a cor máis intensa. O resto do corpo é branco agrisado. Os machos e femias non presentan diferenzas morfolóxicas. Habita en claros de bosques con presenza de matogueiras, xardíns e parques. Aliméntase de insectos e bagas
A época de cría vai dende maio a xullo, consistindo a posta en 4 ou 6 ovos. O tempo de incubación é de 12 días, permanecendo os polos preto de 12 días no niño. Niño construído en matogueiras de baixa altura.
Común en toda Europa Central e Oriental. Ocasional ou rara na Península Ibérica, Italia e sur de Francia.
A Papuxa cincenta (Sylvia curruca) é unha ave da familia das Sylviidae