As achatocarpáceas (Achatocarpaceae) son unha familia de árbores ou arbustos dioicos ao que pertencen unhas dez especies agrupadas en dous xéneros (Achatocarpus Triana e Phaulothamnus A.Gray, segundo o sistema APG II). En clasificacións máis antigas esta familia incluíase dentro de Phytolaccaceae.
Son plantas con ou sen espiñas; ramas curtas con abundantes follas alternas ou fasciculadas sobre braquiblastos. As flores masculinas presentan 5 sépalos abertos ao florecer e de 15 a 20 estames. As flores femininas con igual número de sépalos erectos arredor do ovario que se encontra nunha posición máis alta ao punto de inserción das restantes pezas da flor. O pistilo complétase con dous estilos apicais longos e curvos. O froito é unha baga carnosa cos sépalos unidos na base. Suponse que a polinización é realizada por aves, pero non existen observacións que o confirmen.
É unha familia propia de América tropical e subtropical. Como exemplo, na Arxentina vive un só xénero (Achatocarpus), con dúas especies e dúas variedades e outro en Paraguai cunhas cinco especies.