dcsimg

Trematodos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os trematodos (Trematoda) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos; a diferenza dos monoxeneos, non teñen opisthoaptor, en cambio, caracterízanse por ter unha ou dúas ventosas. Parécense aos turbelarios en ter unha canle alimentaria relativamente ben desenvolvida, e os seus sistemas muscular, excretor e reprodutivos tamén son relativamente completos.

Teñen o corpo recuberto por unha cutícula e os adultos carecen de epiderme. A maioría dos trematodos teñen ciclos de vida complexos con estadios que afectan a varias especies; en estado adulto son endoparásitos de vertebrado, incluíndo ao ser humano, e en estado larvario o son de moluscos e, as veces, dun terceiro hóspede.[1]

Foron descritas arredor de 9.000 especies. Este grupo inclúe varios parasitos que teñen un enorme impacto nas poboacións humanas, como os trematodos hepáticos humanos, como Fasciola hepatica e o Schistosoma mansoni que causa a enfermidade esquistosomíase.

 src=
A Schistosoma mansoni é un trematodo causante da esquistosomíase en humanos

Notas

  1. Muñoz, Gabriela (decembro 2005). "Metacercarias de la familia Microphallidae (Trematoda: Digenea) en el anfípodo Hyale grandicornis en la costa de Maule, Chile Central". Parasitología latinoamericana (en castelán) 60 (3-4): 165–169. ISSN 0717-7712. doi:10.4067/S0717-77122005000200011.

Véxase tamén

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Trematodos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os trematodos (Trematoda) son unha clase de vermes planos pertencentes ao filo dos platihelmintos e que ten como principal característica o feito de ser parasitos; a diferenza dos monoxeneos, non teñen opisthoaptor, en cambio, caracterízanse por ter unha ou dúas ventosas. Parécense aos turbelarios en ter unha canle alimentaria relativamente ben desenvolvida, e os seus sistemas muscular, excretor e reprodutivos tamén son relativamente completos.

Teñen o corpo recuberto por unha cutícula e os adultos carecen de epiderme. A maioría dos trematodos teñen ciclos de vida complexos con estadios que afectan a varias especies; en estado adulto son endoparásitos de vertebrado, incluíndo ao ser humano, e en estado larvario o son de moluscos e, as veces, dun terceiro hóspede.

Foron descritas arredor de 9.000 especies. Este grupo inclúe varios parasitos que teñen un enorme impacto nas poboacións humanas, como os trematodos hepáticos humanos, como Fasciola hepatica e o Schistosoma mansoni que causa a enfermidade esquistosomíase.

 src= A Schistosoma mansoni é un trematodo causante da esquistosomíase en humanos
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician