dcsimg

Macaón ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O macaón, Papilio machaon, tamén coñecida como cola de andoriña[1], galo[2] ou voíña[3]), é unha das bolboretas máis comúns de Europa. Así a todo, non se encontra en Irlanda; en Inglaterra, a súa existencia limítase á rexión de Norfolk; na Europa temperada hai zonas nas cales se pode localizar con facilidade; pero este insecto tende a desaparecer dende hai algunhas ducias de anos [Cómpre referencia]. Polo contrario, multiplícase no norte de África, nalgunhas rexións de Europa, na zona temperada de Asia cara ó Himalaia, en distintas partes de América do Norte e por último en Xapón.

O seu hábitat comprende dende o nivel do mar ata os 2.000 metros, en prados e zonas floreadas.

O Papilio machaon ten entre 32 e 56 mm de envergadura e caracterízase polas prolongacións que posúe nas ás posteriores. O seu voo pode apreciarse en climas máis setentrionais unha vez ó ano, dúas veces (abril-maio) e (xullo-agosto) en climas temperados e ata tres veces en lugares máis cálidos coma o sur da Península Ibérica e o norte de África.

Esta bolboreta foi descrita moi acotío, con subespecies e as súas formas distintas en función da súa pertenza xeográfica. En Europa continental pódese encontrar P. gorganus; en Inglaterra, P. britannicus; en América do Norte, P. aliaska e dúas das súas subespecies.

A eiruga do Papilio machaon é moi rechamante e, se é irritada, pode facer saír polo seu extremo anterior un órgano de defensa glandular de cor laranxa chamado osmaterium. A crisálide é xeralmente de cor verde ou gris parda.

Galería de imaxes

Vexa o artigo principal en Galería de imaxes de eirugas de Galicia

Notas

  1. Cola de andoriña e macaón son os nomes recomendados polo Servizo de Normalización Lingüística da USC
  2. Eliseo Higinio Fernández Vidal (1991), Excma. Diputación de A Coruña. Guia de las mariposas diurnas de Galicia, ISBN 84-86040-57-4, páx. 69.
  3. Marcial Valladares Núñez (1884): Diccionario gallego-castellano, Santiago, Imp. Seminario Conciliar.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Macaón: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O macaón, Papilio machaon, tamén coñecida como cola de andoriña, galo ou voíña), é unha das bolboretas máis comúns de Europa. Así a todo, non se encontra en Irlanda; en Inglaterra, a súa existencia limítase á rexión de Norfolk; na Europa temperada hai zonas nas cales se pode localizar con facilidade; pero este insecto tende a desaparecer dende hai algunhas ducias de anos [Cómpre referencia]. Polo contrario, multiplícase no norte de África, nalgunhas rexións de Europa, na zona temperada de Asia cara ó Himalaia, en distintas partes de América do Norte e por último en Xapón.