dcsimg

Aciñeira ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A aciñeira[1] ou carrasca (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

Morfoloxía

Acada unha altura de 20–27 m, a copa é densa e redondeada, un toro curto e pólas rectas e ascendentes, as follas varían dende as de forma estreita e longa o outras ovaladas, nas beiras son onduladas ou teñen dentes espiñentos. Miden de 2 a 9 cm. Agroma de abril a maio. As flores masculinas agrúpanse en amentos colgantes.

Os seus froitos, landras, de entre 1,5 e 2,5 cm de lonxitude, son de cor verde clara cando novas e de cor castaña xa de maduras. Están cubertas parcialmente por unha cúpula escamuda e teñen un pedúnculo curto. As landras maduran no outono (de outubro a novembro) e son doces.

A súa madeira é moi dura, pesada, forte e resistente de difícil modelación, con gretas pouco fondas. Emprégase para facer rodas, aparellos de labranza, para combustible e carbón vexetal.

Hábitat

Os aciñeirais son bosques característicos do sur de Europa de clima mediterráneo, en terras secas do litoral de Francia, Italia e Península Ibérica. En Galiza está presente nas provincias de Ourense e Lugo, na zona que fai fronteira con León e Zamora.

Adoita plantarse como protección, especialmente xunto ao mar, pola súa resistencia aos ventos e á contaminación das cidades.

Galería de imaxes

Notas

  1. Entrada nº 12. Xusto Rodríguez Río (coordinación) (2004). Servizo de Normalización Lingüística da USC, ed. Termos esenciais de botánica (PDF). p. 18.

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Aciñeira: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A aciñeira ou carrasca (Quercus ilex) é unha árbore cupulífera do xénero dos carballos, monoica e perennifolia. A aciñeira ten unha lonxevidade de 200 a 500 anos.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician