dcsimg
Image of common juniper
Creatures » » Plants » » Gymnosperms » » Cypress Family »

Common Juniper

Juniperus communis L.

Xenebreiro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O xenebreiro ou cimbro (Juniperus communis L.), é unha árbore ou un arbusto dioico da familia das cupresáceas.

Características

 src=
Ilustración de Juniperus communis.

Dependendo da subespecie ten un porte moi variable, a miúdo sendo un arbusto, mais ás veces pode superar os 10 metros.

Ten un tronco con moitas pólas, copa espesa, follas lineais, verdes, ríxidas, punzantes, con unha única banda de estomas branca na cara (polo inverso e pola marxe é verde) e insírense verticiladas de tres en tres. As flores femininas dispóñense en conos axilares, en forma de escama, de cor parda vermella. As flores masculinas, de cor amarela, teñen entre 2 e 3 mm de longo e caen pouco despois de dispersar o pole entre marzo e abril.

Por froitos ten gálbulos con forma de bagas elipsoidais ou esféricas de cinco a sete milímetros de diámetro, de cor negras purpúreas cando están maduras e cunha lene cor azulada como consecuencia dunha substancia cerosa, con tres sementes case ovaladas, pero angulosas nos seus extremos. A madeira, que tamén se chama simplemente polo nome da planta, xenebreiro, é avermellada, forte e recendente.

Subespecies

  • Juniperus communis subsp. communis, normalmente un arbusto ou pequena árbore, cun porte estreito e piramidal. Os verticilos están separados por entrenós xeralmente de maior tamaño cás follas. Atópase en lugares temperados, a baixa ou media altitude, moitas veces en bosques doutras especies, sobre todo caducifolias. É a subespecie de Juniperus communis máis espallada por Europa.
  • Juniperus communis subsp. alpina (Suter) Čelak (=Juniperus communis subsp. nana Syme, Juniperus alpina Gray, Juniperus sibirica Burgsd.), o xenebreiro rastreiro, é un arbusto de porte rastreiro que non chega a un metro e cuxas pólas fican a rente do chan. As follas miden de 5 a 15 mm, están curvadas cara ó ápice e reviradas cara a adentro agochando a cara. Os entrenós adoitan ser máis pequenos cás follas. Os gálbulos miden de 6 a 10 mm. É unha planta de zonas alpinas e subalpinas atopada en áreas subárticas e de alta altitude en áreas temperadas. En Galiza áchase nas maiores alturas (os Ancares, Pena Trevinca).
  • Juniperus communis subsp. hemisphaerica (J.Presl & C.Presl) Nyman (=Juniperus depressa Steven) é un arbusto de 3 ou 4 metros, aínda que tamén pode ter un porte deitado.

Usos

O xenebreiro é frecuentemente utilizado na horticultura como ornamental, xa que é demasiado pequeno para ser empregado como madeireiro. Porén, en Escandinavia a súa madeira emprégase na fabricación de caixas para produtos lácteos, coma a manteiga, o queixo e tamén para facer mangos de coitelos.

As súas bagas teñen propiedades adstrinxentes mais son demasiado agres para consumilas crúas, polo que se venden secas para adubar carnes, mollos e recheos. Adóitanse cascar antes de utilizalas para liberar o aroma. Tamén se utiliza para aromatizar a xenebra, de feito o nome desta bebida deriva do nome da árbore.

Curiosidades

  • A denominación da mesma árbore en francés, genévrier foi a que deu lugar ó nome máis coñecido internacionalmente da xenebra, "gin", a través dun apócope da palabra francesa, pero pronunciada á inglesa. (Hai que ter en conta que, se ben o xenebreiro chámase genévrier en francés, en inglés o termo equivalente é juniper, que en ningún modo soaría "gin").
  • No entanto, o nome da famosa raíña Xenebra (Guenièvre, en francés) da literatura artúrica, non ten nada que ver co nome do xenebreiro.

Véxase tamén

Outros artigos

Bibliografía

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Xenebreiro: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O xenebreiro ou cimbro (Juniperus communis L.), é unha árbore ou un arbusto dioico da familia das cupresáceas.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician