dcsimg

Alcrique ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O alcrique[1][2] (Scomberesox saurus Walbaum 1792) é un peixe mariño da familia dos Scomberesocidae, de corpo longo e estreito e cunhas mandíbulas aguzadas. Pode confundirse coa agulla (Belone belone), moi similar pero máis grande. No Dicionario da RAG dáselle tamén o nome de alpabarda[3], chandarme[4], pataguillón[5] ou rato[6] .

Ríos Panisse (1977) recolleu para esta especie os nomes comúns de alcrique (e alcrico) en 13 dos 56 portos galegos nos que fixo a enquisa, alpabarda en 11 portos, e chandarme (ou chindarme, xandarme e xendarme) en 15 portos; tamén recolleu outros nomes máis localizados, como crisna, croque, pataghillón/pataghullón e mais sardiña de pico. Para os exemplares pequenos, corcito, nome que comparte coa agulla cando é pequena.

Descrición

É un peixe de corpo longo e delgado, comprimido, de cor gris azulada polo lombo e branca verdosa polo lombo. O tamaño medio ronda os 30–35 cm, pero se capturaron exemplares de 50 cm. As aletas dorsal e anal, únicas, están moi atrasadas, coma na agulla, pero cunha serie de 5-7 pínnulas entre elas e a aleta caudal, das que carece a agulla.

As mandíbulas son aguzadas, sendo a inferior maior cá superior.

Hábitat e distribución

Vive en augas pouco profundas, con máximos de 30 metros, e é de distribución subtropical, entre os 66º N e 22 ºS, nas costas europea e americana do océano Atlántico, incluído tamén o Mediterráneo. É unha especie altamente migratioria e gregaria.

Aliméntase de zooplancto e larvas de peixes, ocasionalmente peixes pequenos. É predado por atúns, bacallaus, abadexos e golfiños ou toniñas.

Aproveitamento

Captúrase con artes de cerco, a finais de verán e principios do outono. Ten pouco aprecio para o consumo en fresco, polo que o seu destino principal é a conserva.

Notas

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alcrique.
  2. VV. AA. (2012): Dicionario de alimentación e restauración, pax. 28. Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega. ISBN 978-84-453-5056-0
  3. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para alpabarda.
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para chandarme.
  5. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para pataguillón.
  6. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para rato.

Véxase tamén

Bibliografía

  • DIRECCIÓN XERAL DE FORMACIÓN PESQUEIRA: Guía do consumidor de peixe fresco. Xunta de Galicia 1999.
  • RÍOS PANISSE, M. Carmen: Nomenclatura de la flora y fauna marítimas de Galicia (Invertebrados y peces). Anejo 7 de Verba, 1977.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Alcrique: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O alcrique (Scomberesox saurus Walbaum 1792) é un peixe mariño da familia dos Scomberesocidae, de corpo longo e estreito e cunhas mandíbulas aguzadas. Pode confundirse coa agulla (Belone belone), moi similar pero máis grande. No Dicionario da RAG dáselle tamén o nome de alpabarda, chandarme, pataguillón ou rato .

Ríos Panisse (1977) recolleu para esta especie os nomes comúns de alcrique (e alcrico) en 13 dos 56 portos galegos nos que fixo a enquisa, alpabarda en 11 portos, e chandarme (ou chindarme, xandarme e xendarme) en 15 portos; tamén recolleu outros nomes máis localizados, como crisna, croque, pataghillón/pataghullón e mais sardiña de pico. Para os exemplares pequenos, corcito, nome que comparte coa agulla cando é pequena.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician