dcsimg

Gomphus graslinii ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Gomphus graslinii[3] é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.

Características

Teñen os ollos moi separados, carácter que comparten cos Petaluridae e cos zigópteros. Os adultos miden usualmente de 4 a 7 cm de lonxitude. Vive en regatos, ríos, arroios ou lagos en estado próximo ó natural. É un gónfido carácterizado polas súas amplas liñas negras nas áreas antehumeral e humeral do tórax, as súas patas son maioritariamente negras, salvo as coxas que son amarelas e os fémures con raias amarelas.

Distribución

A área de distribución desta especie só comprende unha parte da Península Ibérica e parte do sur e suroeste de Francia. En Francia, as poboacións áchanse claramente en regresión no oeste, sendo estables na zona do suroeste, ó oeste do río Rodano.

Na Península Ibérica habita en Portugal, agás na parte central do país, e en España no suroeste de Galicia, suroeste de Castela e León e sur e suroeste de Andalucía.

Hábitat

Aínda que se trata dunha especie de augas correntes, parece ser máis común nas zonas de remanso, como ocorre con Macromia splendens, especie coa que adoita compartir o hábitat. En Francia voan dende mediados de xuño a mediados de agosto. Os especímenes ibéricos entre primeiros de xuño e mediados de xullo.

Notas

  1. Boudot, J.-P. 2009.Gomphus graslinii. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.4. . Descargado o 14 de febreiro de 2011.
  2. En España: En perigo de extinción.
  3. Gomphus graslinii no Atlas de invertebrados ameazados de España. Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño. Consultado o 14 de febreiro de 2011.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Gomphus graslinii: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Gomphus graslinii é unha especie de odonato anisóptero que pertence á familia Gomphidae.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician