dcsimg

Oodinium ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

 src=
Peixe infectado por Oodinium con manchas douradas claramente visibles na cabeza.

Oodinium (tamén coñecido actualmente como Piscinoodinium[1]) é un xénero de dinoflaxelados microscópicos parasitos, que viven en peixes de augas salgadas e doces, causándolles unha doenza chamada doenza de veludo.[2] Unha especie do xénero vive tamén sobre diversos cnidarios e ctenóforos.[3]

O hóspede parasitado desenvolve tipicamente pequenas manchas amarelas ou douradas espalladas pola súa cabeza, aletas e corpo. Neste estado, a infestación xa é grave. O ataque xeralmente empeza nas branquias e nese estado inicial é difícil de detectar. O hóspede é irritado polo parasito e a miúdo nada freneticamente fretándose contra as rochas. As manchas amarelas son máis rechamantes á luz do sol ou da lanterna. É moi similar a Ichthyophthirius, aínda que as manchas causadas por Oodinium son amareladas e menores.

O ciclo de vida de Oodinium empeza como dinospora que nada na auga buscando un hóspede axeitado. Cando se adhire á pel do seu hóspede, forma unha dura cuberta protectora coa que se protexe do ambiente externo mentres se alimenta das células da pel do peixe. Este é o estadio de quiste que ten a aparencia dun po que cobre a pel do peixe. Despois duns poucos días, o quiste afúndese ata o fondo e rompe liberando unha nova xeración de dinosporas, listas para reiniciar o ciclo. As dinosporas deben atopar un hóspede nun prazo de 48 horas, porque se non morren.

O tratamento da doenza realízase diluíndo sales de cobre das que se dispón comercialmente. As dinosporas que nadan libremente son extremadamente vulnerables ao cobre. Manter a temperatura da auga a 30 °C axuda a liberar as dinosporas do quiste.

Notas

  1. J. Lom (1981) propuxo o novo xénero Piscinoodinium e elixiu Oodinium Chatton, 1912 como sinónimo. Piscinoodinium pillulare (Schäperclaus) J.Lom 1981 ten como sinónimo homotípico a Oodinium pillularis Schäperclaus 1954. Algaebase
  2. Freshwater velvet disease
  3. Claudia E. Mills, Norman McLean. Ectoparasitism by a dinoflagellate (Dinoflagellata: Oodinidae) on 5 ctenophores (Ctenophora) and a hydromedusa (Cnidaria). Diseases of aquatic organisms. Vol. 10; 211-16, 1991. [1]

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Oodinium: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Peixe infectado por Oodinium con manchas douradas claramente visibles na cabeza.

Oodinium (tamén coñecido actualmente como Piscinoodinium) é un xénero de dinoflaxelados microscópicos parasitos, que viven en peixes de augas salgadas e doces, causándolles unha doenza chamada doenza de veludo. Unha especie do xénero vive tamén sobre diversos cnidarios e ctenóforos.