A dos celacántidos (Coelacanthidae) é unha familia de peixes osteíctios sarcopterixios da extinta orde dos celacantiformes (Coelacanthiformes), que apareceron durante o período permiano e se extinguiron no Xurásico.
A miúido pénsase que o moderno xénero Latimeria pertencre a esta familia, cando, de feito, é o xénero tipo da familia máis avanzada dos latimeríidos, que apareceron durante o triásico.
A familia foi descrita en 1843 polo zoólogo e xeólogo estadounidense de orixe suíza Louis Agassiz en Recherches Sur Les Poissons Fossiles.[1][2]
O nome da familia formouse, como é habitual, sobre a base da raíz do nome do seu xénero tipo, Coelacanthus, á que se lle engadiu a desinencia do latín científico -idae, propia dos nomes de familias de animais.
En canto a Coelacanthus (que significa "de espiñas ocas") está formado polo elemento do latín científico coelo-, tirado do grego antigo κοῖλος koîlos, "oco", e do termo grego ἄκανθα ákantha,"espiña", coa desinencia -us, indicando substantivo masculino.[3]
Familia Coelacanthidae † Agassiz, 1843