O xinsén[1] ou ginseng[2] (Panax sp.) é unha planta utilizada na medicina chinesa hai millares de anos para incrementar a lonxevidade e a cualidade de vida. O Panax ginseng é a especie máis estudada e dispoñíbel comercialmente. Outra especie, Panax quinquefolius (ginseng americano), é cultivada no medio oeste dos Estados Unidos e exportada a China.
O ginseng "branco" consiste simplemente na raíz deshidratada, n o ginseng "vermelo" consiste na raíz aquecida ao vapor e deshidratada.
A parte medicinal da planta é a súa raíz, de crecemento lento, collida despois de catro a seis anos, cando o seu teor global de ginsenosídeo - o ingrediente activo principal do ginseng - atinxe o máximo. Existen trece ginsenosídeos en total. O Panax ginseng tamén contén panaxanos, substancias que poden reducir os niveis de azucre no sangue (glicosa) e polisacáridos, moléculas complexas de azucre.
Sábese que o ginseng mellora a actuación da corrente sanguínea, facendo así unha mellora das actividades físicas e mentais.
Algunhas persoas testemuñan que o ginseng tamén mellora a actividade sexual, actuando nunha ríxida erección. Esta última afirmación aínda está sen comprobación científica.
O xinsén ou ginseng (Panax sp.) é unha planta utilizada na medicina chinesa hai millares de anos para incrementar a lonxevidade e a cualidade de vida. O Panax ginseng é a especie máis estudada e dispoñíbel comercialmente. Outra especie, Panax quinquefolius (ginseng americano), é cultivada no medio oeste dos Estados Unidos e exportada a China.
O ginseng "branco" consiste simplemente na raíz deshidratada, n o ginseng "vermelo" consiste na raíz aquecida ao vapor e deshidratada.