dcsimg

Murénidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Mandíbulas externas e farínxeas dun murénido.

A dos murénidos (Muraenidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes coñecidos vulgarmente como moreas, que habitan en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.

Características

Teñen o corpo serpentiforme, que chega a medir até 150 cm, e carecen normalmente de aletas pectorais e pelvianas; a aleta dorsal nace na parte posterior da cabeza e se estende por todo o dorso, uníndose coa aleta caudal.

A cabeza é longa, e está dotada de fortes mandíbulas adaptadas á captura das súas presas. Os ollos son pequenos, ao igual que as branquias.

Carecen de escamas, e a mucosa que cobre o corpo é tóxica en moitas especies.

A coloración é irregular para favorecer a cripse.

Hábitat e bioloxía

Habitan en arrecifes coralinos e zonas costeiras rochosas, o que lles permite, grazas ao seu corpo serpiforme, axexar ás súas presas desde as fendas onde se agochan.

Son voraces predadores, alimentándose doutros peixes, cefalópodos e crustáceos. Outras moreas e meros encóntranse entre os sus escasos depredadores.

Adoitan seren moi agresivas e aínda que a súa mordedura non é velenosa si é moi dolorosa.

Clasificación

A familia componse de dúas subfamilias e quince xéneros recoñecidos:[2][3]

Galería

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Murénidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src= Mandíbulas externas e farínxeas dun murénido.  src= Cabeza de Gymnothorax fimbriatus.

A dos murénidos (Muraenidae) é unha familia de peixes teleósteos da orde dos angüiliformes coñecidos vulgarmente como moreas, que habitan en augas tropicais e subtropicais de todo o mundo.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician