O aligátor do Mississippi[1] (Alligator mississippiensis) é unha especie de réptil crocodilio que se encontra exclusivamente na rexión sueste dos Estados Unidos, xunto aos regatos e pantanos.
É maior especie do xénero Alligator, e de feito é un dos crocodilios máis grandes de América, alcanzando un máximo de 6 metros de longo,[2] aínda que debido á desaparición de grandes animais da zona por causas antrópicas, hoxe en día, os machos oscilan entre 4 e 4,5 m e as femias chegan aos 3 m.[3][4] O seu peso oscila entre os 70 kg das femias e os máis de 450 kg dos machos.[5]
Este crocodilio americano foi clasificado por primeira vez polo zoólogo francés François Marie Daudin como Crocodilus mississipiensis en 1801. En 1807 Georges Cuvier creou o xénero Alligator;[6] que comparte co Alligator sinensis. Ambos agrúpanse na familia Alligatoridae, xunto cos caimáns. A superfamilia Alligatoroidea inclúe tódolos crocodilos (fósiles e existentes) que están máis estreitamente relacionados co crocodilo americano que xa sexa o crocodilo do Nilo ou ao gavial.[7][Cómpre clarificar]
Os membros desta superfamilia xurdiron por primeira vez no Cretáceo tardío. O Leidyosuchus de Alberta é o xénero máis antigo coñecido. O crocodilo americano moderno está representado no rexistro fósil do Plistoceno.
Distribúese polos ríos, pantanos e marismas do sur de Estados Unidos, desde Carolina do Norte ata o sur de Texas, lindando coa fronteira mexicana chegando ata o estado de Tamaulipas. A persecución humana de que foi obxecto noutro tempo fíxoo desaparecer de moitas zonas, e neste momento só abunda realmente no estado de Florida e en menor medida na desembocadura do río Mississippi. É unha especie protexida en EE.UU., e moitos dos parques nacionais de Florida creáronse no seu momento co fin de preservar as súas zonas de caza e cría.
Devorando un cangrexo azul.
O aligátor do Mississippi (Alligator mississippiensis) é unha especie de réptil crocodilio que se encontra exclusivamente na rexión sueste dos Estados Unidos, xunto aos regatos e pantanos.