As acidobacterias (Acidobacteria) son un novo filo introducido recentemente de bacterias, formado por especies diversas fisioloxicamente e moi comúns, especialmente nos solos, pero difíciles de cultivar.[1][2][3]
Os membros deste filo están moi diversificados fisioloxicamente, e algúns (pero non todos) son acidófilos e foron considerados unha nova división en 1997. O nome do filo procede do da primeira especie descrita e non de que sexan todas acidófilas.[4] A primeira especie descrita deste filo foi Acidobacterium capsulatum, descuberta en 1991.[5] Outras especies notables son Holophaga foetida,[6] Geothrix fermentans,[7] Acanthopleuribacter pedis[8] e Bryobacter aggregatus.[9] Como estas bacterias foron descubertas recentemente e na súa gran maioría non foron cultivadas, a ecoloxía e metabolismo destas bacterias aínda está mal comprendido.[2] Porén, estas bacterias poden ser importantes nos ecosistemas, xa que son particularmente abundantes nos solos.[10]
O cladograma mostra a taxonomía actualmente aceptada do grupo baseada na LPSN (List of Prokaryotic names with Standing in Nomenclature) [11] [12] e a filoxenia está baseada na comparación das secuencias do ARNr 16S do LTP 106 do Proxecto The All-Species Living Tree Project.[13]
?Candidatus Chloracidobacterium thermophilum Bryant et al. 2007
?Candidatus Koribacter versatilis Ward et al. 2009
?Candidatus Solibacter usitatus Ward et al. 2009
?Thermotomaculum hydrothermale ♠ Izumi et al. 2012
HolophagaeAcanthopleuribacter pedis Fukunaga et al. 2008
HolophagaceaeGeothrix fermentans Coates et al. 1999
Holophaga foetida Liesack et al. 1995
Bryobacter aggregatus Kulichevskaya et al. 2010
Acidobacteriaceae?Acidopila rosea ♠ Okamura et al. 2011
?Acidicapsa ♣A. borealis ♣ Kulichevskaya et al. 2011
A. ligni ♣ Kulichevskaya et al. 2011
?Bryocella elongata Dedysh et al. 2012
?Telmatobacter bradus Pankratov and Dedysh 2012 <[14]
Acidobacterium capsulatum Kishimoto et al. 1991
TerriglobusT. roseus Eichorst et al. 2007
T. saanensis Mannisto et al. 2011
EdaphobacterE. aggregans Koch et al. 2008
E. modestus Koch et al. 2008
Granulicella?G. arctica ♣ Mannisto et al. 2011
?G. mallensis ♣ Mannisto et al. 2011
?G. sapmiensis ♣ Mannisto et al. 2011
?G. tundricola ♣ Mannisto et al. 2011
G. paludicola Pankratov e Dedysh 2010 [15]
G. pectinivorans Pankratov e Dedysh 2010
G. aggregans Pankratov e Dedysh 2010
G. rosea Pankratov e Dedysh 2010
Notas:
♣ Especies publicadas no International Journal of Systematic Bacteriology ou no International Journal of Systematic and Evolutionary Microbiology (IJSB/IJSEM) que están en presna.
♠ Estirpes atopadas no NCBI (National Center for Biotechnology Information) pero non na LPSN.
As acidobacterias (Acidobacteria) son un novo filo introducido recentemente de bacterias, formado por especies diversas fisioloxicamente e moi comúns, especialmente nos solos, pero difíciles de cultivar.
Os membros deste filo están moi diversificados fisioloxicamente, e algúns (pero non todos) son acidófilos e foron considerados unha nova división en 1997. O nome do filo procede do da primeira especie descrita e non de que sexan todas acidófilas. A primeira especie descrita deste filo foi Acidobacterium capsulatum, descuberta en 1991. Outras especies notables son Holophaga foetida, Geothrix fermentans, Acanthopleuribacter pedis e Bryobacter aggregatus. Como estas bacterias foron descubertas recentemente e na súa gran maioría non foron cultivadas, a ecoloxía e metabolismo destas bacterias aínda está mal comprendido. Porén, estas bacterias poden ser importantes nos ecosistemas, xa que son particularmente abundantes nos solos.