As lentisferas ou Lentisphaerae (en grego esferas pegañentas) son un filo de bacterias estreitamente relacionadas coas Chlamydiae e as Verrucomicrobia.[1][2] Os membros do grupo poden ser aerobios ou anaerobios e viven en animais, augas doces e mariñas. Algúns viven anaerobicamente no intestino de mamíferos e aves. Dos mariños atopáronse secuencias xenéticas en peixes, corais e sedimentos mariños.
O filo foi definido pola análise filoxenetica do ARNr 16S. O filo inclúe dous xéneros, Lentisphaera e Victivallis, ambos os dous cocos gramnegativos quimioorganotrofos, que se nutren de azucres como monosacáridos, disacáridos, azucres alcohois, ou azucres ácidos, e producen un material limoso extracelular pegañento.[3]
O grupo pode clasificarse nunha clase con dúas ordes, familias e xéneros:[4] Clase Lentisphaeria
As lentisferas ou Lentisphaerae (en grego esferas pegañentas) son un filo de bacterias estreitamente relacionadas coas Chlamydiae e as Verrucomicrobia. Os membros do grupo poden ser aerobios ou anaerobios e viven en animais, augas doces e mariñas. Algúns viven anaerobicamente no intestino de mamíferos e aves. Dos mariños atopáronse secuencias xenéticas en peixes, corais e sedimentos mariños.
O filo foi definido pola análise filoxenetica do ARNr 16S. O filo inclúe dous xéneros, Lentisphaera e Victivallis, ambos os dous cocos gramnegativos quimioorganotrofos, que se nutren de azucres como monosacáridos, disacáridos, azucres alcohois, ou azucres ácidos, e producen un material limoso extracelular pegañento.