A pudia, tamén coñecida coma piorno pudio ou xesta pudia[1] (Genista florida) é unha especie de piorno fanerógamo pertencente á familia das fabáceas. En Galicia aparece a subespecie Genista florida subsp. polygaliphylla.
Arbusto moi ramificado que pode acadar os 3 m. Os talos teñen entre 8 e 10 costelas en forma de T lixeiramente pilosos. Follas alterna enteiras, dun só folio lanceolado e con estípula. Florea en acios de atéa 30 floriñas amarelas. Rosea de maio a xullo. Froito en forma de vaíña con até 6 sementes.
Medra en bosques degradados, ambientes frescos, clareiros e uceiras da maior parte da Península Ibérica e suroeste de Francia, chegando a Galiza. Prefire solos secos, acedos e pobres en nitróxeno. Resiste ben o frío.[2]
Genista florida foi descrita por Carl von Linné e publicado en Systema Naturae, Editio Decima 2: 1157. 1759.[3]
Número de cromosomas de Genista florida (Fam. Leguminosae) e táxones infraespecíficos: n=24; 2n=48[4]
Genista: nome xenérico que provén do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Deste termo deriva a palabra galega xesta (en portugués: giesta), que ademais de nomear ás especies de este xénero, adoita tamén designar ás especies do xénero achegado Cytisus. As especies do xénero Genista máis ben se coñecen co nome vulgar de piorno. Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[5]
florida: epíteto latíno que significa "con flores".
Piorno, pudia, xesta pudia, piorno pudio, xesta branca[7].[8].
A pudia, tamén coñecida coma piorno pudio ou xesta pudia (Genista florida) é unha especie de piorno fanerógamo pertencente á familia das fabáceas. En Galicia aparece a subespecie Genista florida subsp. polygaliphylla.