dcsimg

Arneiro ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O arneiro,[2][3] arneirón[3] ou arneste[3][a] son crustáceos da subclase dos cirrípedes e da orde Sessilia[4]

A orde conta con varias especies. Son organismos con coiraza cónica ou cilíndrica que se atopan habitualmente apegados a superficies rochosas da costa, a crustáceos como mexillóns,[5] ou a estruturas artificiais como os cascos dos barcos[6].

En Galicia destaca a especie invasora Austrominius modestus, que describiu Darwin en 1854 e que é orixinaria de Australia e Nova Zelandia[6][7]. Foi introducida por dispersión natural en 1943 pola costa sueste do Reino Unido,[8] estendéndose despois por Galicia[9] nos anos 50[10] ; inda que desde aquela a súa poboación foi diminuíndo. Esta especie é competidora con Semibalanus balanoides e Chthamalus montagui.[10]

Galería

Notas

  1. A forma recomendada pola RAG é arneiro.[2]
  1. Sistema Integrado de Información Taxonómica. "Sessilia Lamarck, 1818 (TSN 621154)" (en inglés).
  2. 2,0 2,1 Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para arneiro. Consultado o 23/0/2018.
  3. 3,0 3,1 3,2 Xosé Avelino Hermida Borrajo, María Cruz López Martínez, Xosé Antonio Pena Romay, María Isabel Ferreiro, María do Carme Pampín Otero, Susana Rodríguez Barcia, Inmaculada Campos Cid (2006). Gran dicionario século 21 Galego/Castelán. Galaxia. p. 1150. ISBN 84-8288-906-0.
  4. Chan, Benny K.K.; Southward, A. (2010). "Sessilia". World Register of Marine Species. Consultado o 23/01/2018.
  5. "Mexillón colonizado por arneiróns". cies.gal.
  6. 6,0 6,1 Alonso-López, Elia. "Especies invasoras: Elminius modestus". Zoología marina. Consultado o 23/01/2018.
  7. "Austrominius modestus (Darwin, 1854)". World Register of Marine Species. Consultado o 23/01/2018.
  8. Encyclopedia of Life (eds.). "Elminius modestus, New Zealand Barnacle".
  9. Tato, R., García-Regueira, X., Moreira, J. & Urgorri, V. (2009). "Inventario faunístico del intermareal rocoso de dos localidades de la costa occidental gallega (NO Península Ibérica) tras el vertido del Prestige". Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) 18: 75–94. ISSN 1130-9717.
  10. 10,0 10,1 Wethey, D.S. & Woodin, S.A. (Xullo de 2008). "Ecological hindcasting of biogeographic responses to climate change in the European intertidal zone". Hydrobiologia. 606(1): 139–151. doi:10.1007/s10750-008-9338-8.
license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Arneiro: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

O arneiro, arneirón ou arneste son crustáceos da subclase dos cirrípedes e da orde Sessilia

A orde conta con varias especies. Son organismos con coiraza cónica ou cilíndrica que se atopan habitualmente apegados a superficies rochosas da costa, a crustáceos como mexillóns, ou a estruturas artificiais como os cascos dos barcos.

En Galicia destaca a especie invasora Austrominius modestus, que describiu Darwin en 1854 e que é orixinaria de Australia e Nova Zelandia. Foi introducida por dispersión natural en 1943 pola costa sueste do Reino Unido, estendéndose despois por Galicia nos anos 50 ; inda que desde aquela a súa poboación foi diminuíndo. Esta especie é competidora con Semibalanus balanoides e Chthamalus montagui.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician