dcsimg

Liquidámbar ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os liquidámbar (nome científico Liquidambar) é un xénero de fanerógamas pertencente á familia Altingiaceae, que ás veces é considerada como unha parte de Hamamelidaceae. Comprende 4 especies. O autor do xénero, Linné, clasificábao preto dos Platanaceae.

En Galicia atopámolos principalmente nas cidades coma ornamentais.

Descrición

Son árbores grandes, caducifolias, 25 a 40 m de altura, con follas palmeadas, lobuladas, en arranxo espiralado nas pólas. As flores son miúdas e producen unha inflorescencia globular e mesta de 1 a 2 cm de diámetro e pénsiles a 3 a 7 cm da póla. O froito é unha cápsula lígnea, múltiple, de 2 a 4 cm de diámetro, con numerosas sementes.

Especies

O xénero estaba moito máis espallado no Terciario, porén desapareceu de Europa por mor da estensa e intensa glaciación no norte e nos Alpes, que sirviu como parede contra a migración do sur. Desapareceu do oeste de América do Norte por mor de variacións climáticas, e por condicións demasiado frías na estepa rusa. Hai numerosas especies fósiles de Liquidambar que amosan ese status de relictismo actual.

Usos

É unha popular árbore ornamental, particularmente en áreas temperadas con veráns calorosos. Plántase principalmente pola súa follaxe, xa que no outono tórnase a fermosas cores amarelas e arroibadas.

En Galicia plántase moito en xardíns e rúas urbanas.

As árbores producen unha goma coñecida coma storax, usada na menciña tradicional. Esta goma contén unha pequena cantidade dun hidrocarburo aromático o estireno; o estudo do estireno extraído da goma do Liquidambar orientalis deu por resultado a síntese en 1925 do primeiro polímero poliestireno, por parte da industria petroquímica alemá.

 src=
Liquidambar styraciflua

Notas

  1. Acta Sci. Nat. Univ. Sunyatseni 1959 (2): 33 1959 (IK)
  2. Ann. Sci. Nat., Bot. sér. 5, 5: 215 1866 (IK)
  3. Gard. Dict., ed. 8. n. 2 1768 (IK)
  4. Sp. Pl. 2: 999. 1753 (IK)

Véxase tamén

Libro do Ano da Sociedade Internacional de Dendroloxía 2004: 11-45

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Liquidámbar: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

Os liquidámbar (nome científico Liquidambar) é un xénero de fanerógamas pertencente á familia Altingiaceae, que ás veces é considerada como unha parte de Hamamelidaceae. Comprende 4 especies. O autor do xénero, Linné, clasificábao preto dos Platanaceae.

En Galicia atopámolos principalmente nas cidades coma ornamentais.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician