A estruga membranosa (Urtica membranacea), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das urticáceas. É orixinaria da rexión do Mediterráneo, aparece en Galiza.
Diferénciase da estruga maior (Urtica dioica L.), a máis común no territorio, por ser unha planta anual, xeralmente monoica, que presenta os acios masculinos simples, co eixo alargado, e follas con pelos unicamente urticantes.
Planta nitrófila, ruderal, que se instala en cultivos, camiños e terreos ermos algo húmidos e sombrizos. Atópase a unha altura de 190 - 1000 metros.
Distribuída pola rexión mediterránea, na Península Ibérica áchase fundamentalmente localizada nas provincias marítimas. Aparece en Galiza.
A estruga membranosa (Urtica membranacea), é unha especie de planta herbácea pertencente á familia das urticáceas. É orixinaria da rexión do Mediterráneo, aparece en Galiza.