dcsimg

Alepocefálidos ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos alepocefálidos (Alepocephalidae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes,[1][2] que se distribúen por todo o océano Pacífico, a costa leste do océano Atlántico e a do oeste do Índico.[3]

Até hai poucos anos esta familia estaba incluída na orde dos arxentiniformes, pero tanto o WoRMS, como o ITIS e como a FishBase, baseándose en estudos máis recentes, clasifácanos dentro da orde dos osmeriformes.[4][5]

Caractarísticas

Normalmente teñen os dentes moi pequenos, e longas e numerosas filas de branquias.[3]

Hábitat

O hábitat máis común no que se enontran estes peixes son as profundidades mariñas por debaixo dos 1 000 m.[3]

Xéneros

Existen cerca de cen especies, agrupadas nos 19 xéneros seguientes:

Notas

  1. Alepocephalidae Bonaparte, 1846 no WoRMS.
  2. Alepocephalidae no ITIS.
  3. 3,0 3,1 3,2 Alepocephalidae na FishBase.
  4. Eschmeyer, W. N. & Fricke R., eds. (2011): "Catalog of fishes. Updated internet version of 05 May 2011. Catalog databases of CAS cited in FishBase (website).
  5. Van Der Laan, R., Eschmeyer, W. N. e Fricke, R. (2014): "Family-group names of Recent fishes". Zootaxa 3882 (2): 1–230.

Véxase tamén


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician

Alepocefálidos: Brief Summary ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician

A dos alepocefálidos (Alepocephalidae) é unha familia de peixes teleósteos mariños da orde dos osmeriformes, que se distribúen por todo o océano Pacífico, a costa leste do océano Atlántico e a do oeste do Índico.

Até hai poucos anos esta familia estaba incluída na orde dos arxentiniformes, pero tanto o WoRMS, como o ITIS e como a FishBase, baseándose en estudos máis recentes, clasifácanos dentro da orde dos osmeriformes.

license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician