dcsimg
Image of sprouting broccoli
Creatures » » Plants » » Dicotyledons » » Crucifers »

Sprouting Broccoli

Brassica oleracea var. italica Plenck

Brócoli ( Galician )

provided by wikipedia gl Galician
 src=
Brócoli

O brócoli (Gl-brócoli.ogg pronunciación ) (Brassica oleracea var, italica), do latín brachium (brazo), é unha planta da familia das brasicáceas, antes chamadas crucíferas. Outras especies desta familia son o repolo, a coliflor ou as coles de Bruxelas.

O brócoli posúe abundantes cabezas florais carnosas de cor verde, dispostas en forma de árbore, sobre pólas que nacen dun groso talo comestíbel. É moi semellante á coliflor, mais verde no canto de branca. Dáse en climas frescos, polo que prospera pobremente durante os veráns calorosos. Habitualmente tómase fervido ou ao vapor, pero pódese consumir cru. Ten un alto contido de vitamina C, vitamina E e fibra solúbel.


license
cc-by-sa-3.0
copyright
Autores e editores de Wikipedia
original
visit source
partner site
wikipedia gl Galician